Nova publicación do investigador porriñés Paz Antón

Incorporamos unha nova obra ao noso fondo local. Trátase de “A tradición oral en Salceda de Caselas“, do investigador porriñés Xosé Ramón Paz Antón, que se achegou á nosa biblioteca para doarnos dous exemplares desta a súa nova publicación. Trátase dun extenso estudo sobre o patrimonio inmaterial do concello veciño, editado pola Deputación de Pontevedra … More Nova publicación do investigador porriñés Paz Antón

Estudos arqueolóxicos sobre As Gándaras

Aproveitando que estes días estamos moi emocionados cos resultados nas escavacións no Faro de Budiño, compartimos con vós un documento extraordinario do que, sen dúbida, trátase do sitio arqueolóxico máis importante do Porriño, e se cadra tamén de Galicia. Como non, falamos do depósito das Gándaras de Budiño. Trátase da publicación “El yacimiento achelense de … More Estudos arqueolóxicos sobre As Gándaras

¡Exito do roteiro!

¡Encantados quedamos! Co motivo do Día do Libro organizamos un roteiro guiado polos populares barrios porriñeses de San Benito e San Sebastián, conducido pola historiadora porriñesa Rebeca Leboso. Comezou a actividade cunha charla introductoria no auditorio da biblioteca, onde se reuniu un nutrido grupo de veciños e veciñas con gañas de coñecer máis sobre estes … More ¡Exito do roteiro!

Roteiro polos barrios de San Benito e San Sebastián

Este ano celebramos o Día do Libro cunha nova xornada de “O noso patrimonio“, na que coñeceremos un pouco máis e visitaremos os populares barrios porriñeses de San Benito e San Sebastián. Dous barrios históricos da nosa vila que aínda conservan un ambiente de veciñanza, dous barrios que foron o xerme do Porriño como núcleo … More Roteiro polos barrios de San Benito e San Sebastián

Presentación do libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”

  Este xoves 18 de xaneiro, ás 20:00 horas, no auditorio do Centro Cultural Municipal, presentarase “O Porriño: historia & patrimonio cultural“, o novo libro do historiador porriñés Xosé Ramón Paz Antón, con fotografías de Xulio Gil (Engaiolarte, 2017). Recordamos que hai uns días publicamos un post nesta páxina falando amplamente sobre este interesante libro da … More Presentación do libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”

Libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”

Xa está dispoñible na biblioteca, e á venda nas librarías, o libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural“, escrito polo historiador porriñés Xosé Ramón Paz Antón. Trátase dunha obra fundamental sobre o noso concello, un compendio da súa historia e do seu patrimonio que resultaba moi necesaria e que o autor levou a cabo de … More Libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”

Unha vella fotografía e unha adiviña

  Hoxe vos traemos un interesante documento gráfico e unha adiviña. O documento gráfico é unha antiga fotografía do noso concello, tirada entre os anos 1929 e 1936. Localizámola en Europeana, a biblioteca dixital europea. O autor foi Otto Wunderlich (Stuttgart, 1886-Madrid, 1975), un fotógrafo alemán que se dedicaba a viaxar por toda España tomando … More Unha vella fotografía e unha adiviña

O libro sobre o mosteiro de Budiño

Hoxe difundimos un interesante libro que podedes atopar na nosa biblioteca, e que pertence á Sección Local. Trátase de “O Mosteiro de San Salvador de Budiño e a Terra de Toroño“, obra publicada por Julio Ignacio González Montañés en 2011, e editada polo Instituto de Estudos Vigueses na Colección “Vigo na Memoria”. Moitos de nós … More O libro sobre o mosteiro de Budiño

Folleto das Festas do Cristo (1968)

Hoxe traémosvos un interesante documento da nosa historia local. Xa que estamos cerca das nosas festas patronais, as Festas do Cristo, e os folletos da programación están saíndo ás rúas porriñesas, rescatamos da nosa sección local un folleto das Festas do Cristo do ano 1968 que escaneamos e publicamos en dominio público en Scribd. A … More Folleto das Festas do Cristo (1968)