Contos de Nadal

Vai chegando o Nadal, e que mellor que celebralo con boas lecturas. Desde a biblioteca ofrecémosche  unha variada selección de contos infantís e xuvenís con temática de Nadal que poderás atopar na biblioteca do Porriño.Consulta a nosa selección de contos de Nadal no seguinte enlace.

Selección: Lecturas inclusivas

Propoñemos unha interesante selección de lecturas inclusivas para crianzas. Trátase de libros con historias de nenos e nenas con capacidades múltiples ou que por algunha razón son diferentes á maioría. A literatura infantil tamén conforma un espazo de representación social. Como moitos discursos culturais, as súas formas de construír as realidades apóianse nas ideoloxías dominantes. … More Selección: Lecturas inclusivas

25N: libros para educar a nenas empoderadas

Hoxe celebramos o 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. E desde a Biblioteca do Porriño queremos facelo como sempre: con libros. Porque a lectura pode ser unha das mellores armas contra esta lacra social, propoñemos un repertorio de libros infantís que contribúen a crear unha sociedade máis igualitaria. Moitos deles … More 25N: libros para educar a nenas empoderadas

Aldiko, unha app para ler no móbil

Hoxe coñecemos una aplicación para lectura electrónica nos nosos móbiles Android. Trátase de Aldiko Book Reader, un dos mellores software para ler en dispositivos móbiles arquivos en formato ePUB pero tamén PDF con ou sen protección DRM Adobe. O programa ten actualmente unha puntuación en Google Play de 4.2, o que non está nada mal. … More Aldiko, unha app para ler no móbil

Biografías que molan

Poñemos en marcha unha nova selección: “Biografías que molan“. Por que o facemos?  Porque se trata dun xénero que non soe ter moito movemento, e pensamos que temos libros biográficos estupendísimos, e queremos darlles visibilidade. Que os coñezades. Pode que os nosos usuarios e usuarias sigan pensando nas biografías soamente como as típicas vidas de … More Biografías que molan