Serie Olympia de Almudena Cid

Xa temos na biblioteca a colección completa de Olympia, a serie de contos infantís escritos pola ximnasta Almudena Cid e ilustrados por Monte Martín, ambas ex compoñentes da selección española de ximnasia rítmica. Trátase dunha serie de libros publicados por Alfaguara, inspirados na carreira deportiva da propia escritora e protagonizados por Olympia, unha ximnasta do … More Serie Olympia de Almudena Cid

O libro sobre o mosteiro de Budiño

Hoxe difundimos un interesante libro que podedes atopar na nosa biblioteca, e que pertence á Sección Local. Trátase de “O Mosteiro de San Salvador de Budiño e a Terra de Toroño“, obra publicada por Julio Ignacio González Montañés en 2011, e editada polo Instituto de Estudos Vigueses na Colección “Vigo na Memoria”. Moitos de nós … More O libro sobre o mosteiro de Budiño

O boom das escritoras latinoamericanas

Hai un novo boom literario en español, representado por xoves autoras latinoamericanas, que están arrasando tanto en premios, como en críticas como en éxito de lectores e lectoras. Toda unha xeración de escritoras que se abre paso reivindicando o seu propio espazo no mercado literario. Propoñémosvos unha selección dalgúns títulos moi recentes e destacadas deste … More O boom das escritoras latinoamericanas

Selección “Máis vendidos do 2016”

¡Temos nova sección de libros! Agora poderás atopar no mostrador de tránsito (para que sexa máis fácil, “bookfet libre”), unha selección da literatura máis vendida no ano pasado. Por si che quedou algún por ler aínda estás a tempo de facelo, porque son libros dos que aínda se está a falar polos corredores, e seguen … More Selección “Máis vendidos do 2016”

O movemento Urban Sketchers

Agora que o tempo de verán acompaña e podemos realizar actividades “extramuros”, propoñémosvos introducirvos no mundo da pintura a través do movemento de “urban sketchers” (USK). Trátase dunha actividade que está a cobrar cada vez máis importancia arredor de todo o mundo. Máis alá do que se supón outra nova “moda” ou tendencia, este interesante … More O movemento Urban Sketchers

9 lecturas para resintonizar os chakras

O verán pode ser unha boa época para resintonizar o karma, razón pola cal engadimos á nosa colección, e recomendamos de paso, unha serie de lecturas propicias para alimentar o espírito neste tempo, polo demais, tan cargada de hedonismo, de bachata e de horchata. Mindfulness, felicidade, meditación, autoconfianza… Velaquí as nosas propostas para darlle unha … More 9 lecturas para resintonizar os chakras

Buen rollito: libros para non romperse a cabeza

Aínda que recoñecemos o valor de libros como o “Ulises” de Joyce, quizais non o recomendariamos como lectura de verán. No verán apetece algo máis lixeiro, máis dixerible, máis optimista se cadra. E na vida en xeral, tamén. Poñemos en marcha a sección “Buen rollito: libros para non romperse a cabeza”, unha selección de narrativa … More Buen rollito: libros para non romperse a cabeza

Nova expo no Recuncho: smoothies

Como chega o verán e os calores veraniegos, organizamos unha nova exposición no Recuncho da biblioteca centrada en batidos e zumes verdes, os coñecidos popularmente como smoothies. Refrescantes e sans, esta moda alimentaria que xa ten longo recorrido gaña cada día máis adeptos. Para que non os coñeza, os smoothies son bebidas non alcohólicas cunha … More Nova expo no Recuncho: smoothies

A Biblioteca de pedagoxía, de Kalandraka

A “Biblioteca de pedagoxía” é unha colección notable sobre pedagoxía editada pola editorial Kalandraka, que de seguro resultará do máis interesante para nais/pais e educadores. Iniciada en outubro de 2016 e con catro obras publicadas ata o de agora, a colección está dirixida polo Catedrático de Historia da Educación na Universidade de Santiago de Compostela, … More A Biblioteca de pedagoxía, de Kalandraka