Préstamo de portátiles e tablets

Agora na biblioteca prestamos portátiles e tablets. Xa sabedes que tanto na biblioteca como na sala de estudo tedes á vosa disposición conexión wifi de banda ancha libre e gratuíta. Pero agora, ademais, nas dependencias da biblioteca poderás tomar en préstamo ordenadores portátiles e tablets para conectarte a internet ou traballar. As normas de uso … More Préstamo de portátiles e tablets

A nosa hemeroteca

Na sala de lectura da biblioteca temos unha ampla hemeroteca á vosa disposición, cun conxunto de xornais e revistas de temática variada. Os exemplares son de consulta e lectura en sala, non se prestan a domicilio. A nosa hemeroteca en papel consta dos seguintes títulos: -Faro de Vigo-La Voz de Galicia-Atlántico Diario-Nós Diario-El País-Le Monde … More A nosa hemeroteca

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha festividade declarada pola ONU coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais, lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas. A … More Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Incidencias en eBiblio

No mes de decembro produciuse un cambio a nivel estatal, na plataforma tecnolóxica que soporta eBiblio, a colección de ebooks en castelán da Rede de Bibliotecas de Galicia. Desde aquela estanse a producir algunhas incidencias, corrixíndose erros e realizando melloras que podedes consultar aquí. Aproveitamos para comunicar que a app xa está dispoñible en galego. … More Incidencias en eBiblio

Recursos web: “Orella Pendella”

Páxina web para difundir a literatura popular infantil de Galicia e que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. Atoparás multitude de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos. … More Recursos web: “Orella Pendella”

Vídeos gañadores de “Un ollo de vidro” (Festival de Cans)

Xa sabemos os vídeos gañadores do concurso “Un ollo de vidro“, relacionado co proxecto Recoméndoche un vidro. Un concurso organizado pola Escola Oficial de Idiomas de Vigo, a Biblioteca Neira Vilas, o IES Castelao e o Festival de Curtas de Cans, e no que este ano colabora a Biblioteca do Porriño xunto co IES Pino Manso. … More Vídeos gañadores de “Un ollo de vidro” (Festival de Cans)