Sala de estudo pechada por alerta vermella COVID19
Debido á alerta vermella por COVID19 no Porriño, a Sala de estudo permanecerá pechada ata novo aviso.
Debido á alerta vermella por COVID19 no Porriño, a Sala de estudo permanecerá pechada ata novo aviso.
A sala de estudo vén de ampliar o seu horario de apertura: de 8:30 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:30 h., de luns a venres, e coas garantías de seguridade sanitaria oportunas pola COVID-19. O día 9 xuño, a Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira abriu as portas da primeira sala de estudo do … More A sala de estudo municipal amplía o horario
No apartado “E agora que leo?” poderedes escoller as vosas próximas lecturas antes de visitarnos. Está dividido en dúas partes: – NOVIDADES: non estamos quietos: incorporamos decenas de novos libros á biblioteca cada semana. A través deste apartado (con acceso directo á información do catálogo) poderes consultar todas as novas incorporacións. Tamén poderes escoller por … More E agora que leo?
O próximo luns 1 de xuño abrimos de novo as portas en horario de 10.00 a 15.00 luns a venres. Temos que facelo con responsabilidade, adoptando as máximas garantías de hixiene e seguridade para a nosa comunidade, polo que durante unha tempada os servizos estarán necesariamente adaptados ás circunstancias excepcionais que vivimos. Rogamos comprensión: estamos … More Abrimos!
Co inicio da Fase 1 de desconfinamento, o Goberno acaba de permitir a apertura de bibliotecas con estritas medidas de seguridade e moitas limitacións nos servizos (por exemplo, prohibición de contacto coa colección, prohibición de estudo nas salas…). Na biblioteca temos moitas gañas de abrir as portas, porén, cremos que aínda non se dan as … More Preparándonos para abrir
CELEBRA CON NÓS O DÍA DO LIBRO, dicíndonos a quen lle regalarías un libro neste día e participa no concurso que nos convida a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Boa sorte!!!! http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18714-celebra-dia-do-libro
“Aulas galegas” é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 queren ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade. Publican cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. … More Aulas Galegas
“Fábrica de ritmos” é un obradoiro online en aberto para aprender a contar contos de forma diferente e orixinal. A través de vídeos, os profesionais da Fundación Germán Sánchez Ruipérez ofrecen algunhas claves elementais para escoller unha boa historia e animar as narracións. O obradoiro está dirixido principalmente a nais e pais, pero tamén a … More Obradoiro: Fábrica de ritmos
Por indicacións do Concello do Porriño, e segundo recomendación dos organismos públicos, desde mañá 13 de marzo ata novo aviso a biblioteca e o Centro Cultural do Porriño permanecerán pechados como medida de prevención ante a propagación do COVID-19. Tamén quedan canceladas todas as actividades programadas ata novo aviso. Os exemplares que actualmente se atopen … More Peche da biblioteca
Lamentamos comunicar que por motivos alleos á biblioteca (relacionados coa epidemia de coronavirus) a conferencia de Iñaki Pastor que se ía celebrar mañá queda cancelada.