Recursos web

Seleccionamos unha serie de recursos gratuítos en internet: bibliotecas virtuais, plataformas de ebooks e contidos infantís.

Bibliotecas virtuais

-Europeana: biblioteca dixital europea de acceso libre. Reúne coleccións dixitalizadas de toda Europa (tamén os contidos da colección galega Galiciana e da española Hispana) con libros, xornais, películas, arquivos sonoros, mapas…

-Biblioteca Dixital Mundial: biblioteca internacional creada pola UNESCO que ofrece de forma gratuíta contidos culturais de todo o mundo a través dos fondos dixitais de ducias de bibliotecas.

-Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego: plataforma da Asociación de Tradutores Galegos que ofrece en galego obras da literatura universal libres de dereitos, para descargar gratuitamente en formato PDF.

Biblioteca Virtual da Real Academia Galega: dedicada a autores e autoras galegas. Especializada en humanidades e, sobre todo, nos campos da historia, folclore, literatura e lingua de Galicia.

-Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: plataforma dixital de acceso libre a un extenso catálogo coas obras máis destacadas da tradición literaria española e hispanoamericana, ademais de recursos bibliográficos para o seu mellor coñecemento crítico e histórico.

-Biblioteca Dixital Hispánica: portal libre e gratuíto de documentos da Biblioteca Nacional de España. Libros, manuscritos e documentos de todo tipo e de toda a historia de España.

-Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico: manuscritos, libros antigos e incunables, fotografías, material cartográfico e partituras.

-Biblioteca Virtual da Prensa Histórica: contén unha enorme colección de publicacións e prensa histórica española. Máis de 2 millóns de exemplares en acceso aberto e gratuíto.

-Biblioteca Virtual do Ministerio de Defensa: contén dixitalizacións dos fondos dos museos, arquivos e bibliotecas do Ministerio de Defensa. Tamén se poden ver pezas de museos e documentos sobre as expedicións científicas de España.

-Biblioteca Dixital Mexicana: documentos históricos e obras relevantes que non atoparás fácilmente notros sitios, como mapas indíxenas das Relacións Xeográficas de 1580 e documentos do século XVIII inéditos en náhuatl.

Plataformas de ebooks

-El Libro Total: biblioteca dixital gratuíta con máis de 45.000 títulos entre literatura, imaxes e música, coa intención de recuperar o patrimonio cultural da comunidade hispanofalante.

-Amazon: a través de Amazon Kindle tamén podes acceder a centenares de títulos gratuítos para descargar ao seu dispositivo.

-Hundred Zero: portal que recompila todos os libros gratuítos de Amazon.

-Planeta Libro: biblioteca virtual con máis de 9.000 títulos en dominio público para ler na nube ou descargar.

LibriVox: audiolibros de obras literarias en dominio público e múltiples lenguas, incluido o galego.

Infantil

-AulaPlaneta: o maior repositorio de recursos de contidos educativos e de consulta. Unha base de datos de 170.000 contidos de todo o coñecemento humano.

-Kalandraka TV: a coñecida editorial ofrece unha canle en internet con multitude de contidos infantís.

-AEDA: web da Asociación de Profesionais da Narración Oral de España, con interesantes recursos, incluído unha relación de iniciativas de contacontos.

-Amazon Audible Stories: acceso gratuíto ao seu gran catálogo de audiolibros para nenas e nenos de todas as idades, en seis idiomas diferentes, para escoitar en streaming.

-Pintar-Pintar Editorial: ofrece multitude de albumes ilustrados gratuítos para público infantil desde a súa páxina web.

-Orella Pendella: Páxina web para difundir a literatura popular infantil de Galicia e que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. Atoparás multitude de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.

-Aulas Galegas: portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores que queren ofrecer unha axuda educativa á sociedade durante a pandemia. Publican cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Canal Lector: portal da Fundación Germán Sánchez Ruipérez para compartir recomendacións e boas ideas arredor da literatura infantil.

Club Kirico: Formado por librarías especializadas en literatura infantil, co obxectivo de orientar, formar lectores e seleccionar títulos destacados.

La Pequeteca: espazo de Radio Nacional para nais/pais e profesorado, no que atopar propostas de literatura infantil e xuvenil.