Proxección do documental sobre Estefanía

¿Como? ¿Que non sabes quen era Marcial Lafuente Estefanía? Pois ben novo has de ser… Estefanía (Toledo, 1903 – Madrid, 1984) foi o maior escritor de “novelas do oeste” (ou de vaqueiros) de España e un dos máis importantes do mundo. E un escritor dos máis prolíficos da historia: ¡publicou unhas 2.600 novelas! Este luns … More Proxección do documental sobre Estefanía

No recuerdo el título, pero es azul

Temos nova exposición no Recuncho. Nesta ocasión respondemos a esa pregunta que soen facernos moitas das nosas usuarias e usuarios: “No recuerdo el título, pero es azul”. Como unha imaxe vale máis que mil palabras, desta forma facilitamos o recoñemento do título en cuestión. Seguro que será máis doado identificalo que por medio do catálogo.

Proxecto “Cociñar sen glute”

Dende a Biblioteca do Porriño, en colaboración con ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia), poñemos en marcha o programa “Cociñar sen glute“. Trátase dun proxecto baseado en tres actividades distintas: un obradoiro familiar de cociña sen glute, unha exposición bibliográfica sobre enfermidade celíaca e cociña sen glute, e unha guía de lectura sobre o mesmo … More Proxecto “Cociñar sen glute”

Antonio Palacios na Biblioteca do Porriño

Antonio Palacios Ramilo (O Porriño 1874-Madrid 1945) foi un dos mellores arquitectos españois do cambio de século e primeiras décadas do XX, soamente comparable a  unha figura da talla de Antonio Gaudí. Porriñés de nacemento e madrileño de adopción, pasará a historia como o construtor dos grandes edificios de Madrid como o Palacio de Comunicacións, o … More Antonio Palacios na Biblioteca do Porriño

Espazos

As instalacións da biblioteca Recepción Sala xeral Sala infantil Sala de prensa Espazo wifi e multidisciplinar Ordenadores Sección audiovisual Sección local Comicteca Centros de interese As instalacións da biblioteca Situadas no centro do núcleo urbano do Porriño (R/ Domingo Bueno, 9) as instalacións da biblioteca municipal do Porriño ocupan gran parte do Centro Cultural da … More Espazos