¿Que ler?

Sabemos o difícil que resulta escoller entre a enorme oferta editorial existente na actualidade. Pero tamén sabemos que cada lector ten o seu libro esperando nalgunha parte da biblioteca. Por iso traballamos para que logre atopalo, e poda saír da biblioteca cun libro que realmente lle guste.

Neste sentido, a nosa labor pasa, primeiro, por ofrecer unha colección atractiva, completa, actualizada e axeitada aos intereses dos nosos usuarios e usuarias. E, segundo, por realizar unha tarefa de difusión especializada: trato personalizado aos usuarios e usuarias, asesoramento individualizado, e servizos físicos e dixitais de descubrimento do libro:

 

Novidades da biblioteca
Seleccións temáticas do bibliotecario
Recomendacións de lectura