Seleccións

seleccions

Neste apartado atoparás distintas seleccións que poden ser do teu interese. Na biblioteca as realizamos periodicamente, segundo temas que podan resultar atractivos para os nosos usuarios e usuarias, co fin de propoñer lecturas e rescatar libros da nosa colección que puideran pasar desapercibidos ante a forza das novidades e dos bestsellers.

Estas seleccións, que nacen, crecen e desaparecen, as atoparás fisicamente no mostrador de tránsito, na estantería do Recuncho (na que facemos miniexposicións periódicas con libros e obxectos), ou na estantería para seleccións da sala de consulta. Pero tamén queremos que as podas consultar dixitalmente, por iso as ofrecemos nos nosos taboleiros da rede social Pinterest: navega polos taboleiros e cliquea nas portadas para obter máis información sobre o exemplar que che interese.

Recomendados do 2016 | Mellor novela negra  | Nova poesía española | Buen rollito | Mozas e latinas

.

.

Recomendados do 2016

Os mellores libros do 2016, segundo as recomendacións dos libreiros españois e galegos.

.

.

Mellor novela negra (dos últimos anos)

Unha selección de libros do xénero publicados nos últimos anos

.

 

.

.

Nova poesía española

En España estamos vivindo o renacemento da poesía a través dunha nova xeración de escritores empática, directa e visceral, que se move con comodidade nas redes sociais e na música, e que afortunadamente está gozando dun enorme éxito de público. Aquí tedes unha selección destes libros que atoparedes na Biblioteca do Porriño.

.

.

Buen rollito

Porque a vida tampouco está para romperse a cabeza, todos sabemos apreciar o valor da literatura lixeira en determinados momentos. Velaquí unha selección de novelas feel-good, libros que encontrarás na biblioteca, libros en plan positivo, sen traxedias nin enredos.

.

.

Mozas e latinas

Ábrense paso entre as complicadas redes da industria, a crítica e o gran público. Ábrense paso entre as etiquetas do machismo, a discriminación, os prexuízos e a incultura. As súas voces son diversas e representan a xeracións distintas: pero estanse abrindo paso. As escritoras de América latina gañan protagonismo na literatura en español. Velaquí unha selección de libros da biblioteca, de escritoras que están a despuntar no panorama literario hispanoamericano.