Acceso a internet e préstamo de portátiles

O acceso a internet é un dereito da cidadanía, e a biblioteca o considera como un dos seus servizos prioritarios. Por iso, ademais de tentar que todos os nosos servizos teñan unha extensión dixital, pretendemos garantir á cidadanía o seu dereito de conexión á rede, de forma pública e gratuíta.

Tanto na biblioteca como na sala de estudo hai conexión de banda ancha a través de wifi, libre e pública. En ambos edificios atoparás cartaces coa indicación do nome da rede e contrasinal para conectarte.

Ademais, na biblioteca temos varios ordenadores portátiles e tabletas para préstamo segundo as seguintes normas de uso:

-Para facer uso deste servizo hai que ser maior de 18 anos e persoa socia da Rede de Bibliotecas de Galicia, presentando a correspondente tarxeta.

-Cada persoa poderá dispor dun ordenador por quenda durante un periodo de 4 horas (renovables en función da dispoñibilidade) durante o horario de apertura da biblioteca. Non está permitida a reserva de equipos.

-Os equipos deberán permanecer en todo momento dentro das salas da biblioteca e ser devoltos no mostrador ao persoal da biblioteca. Durante o préstamo a persoa será responsable da súa custodia e mantemento.

-A persoa usuaria é responsable de devolver o equipo nas mesmas condicións nas que o recibiu, sen instalar ningún software, eliminando todos os documentos creados ou descargados durante a súa sesión. A biblioteca poderá eliminar calquera arquivo existente despois de ser devolto.

-A persoa usuaria é responsable do uso correcto da súa conexión a internet, sen acceder a recursos de contido ilegal, pornográfico ou inaxeitado. O persoal da biblioteca poderá interromper o préstamo en calquera momento si considera que se está a facer un uso inapropiado do portátil ou da conexión.