Alta de persoa usuaria

Alta de persoa usuaria

A condición de persoa socia sirve para acceder a todos os servizos presenciais e dixitais da nosa biblioteca, e do resto da Rede de Bibliotecas de Galicia en igualdade de condicións.

Ao darte de alta, obterás un número de persoa usuaria e un contrasinal para acceder tamén á túa conta online e á colección dixital da Rede, GaliciaLe.

Podes darte de alta de dúas formas:

  • Presencialmente: nas nosas dependencias, cubrindo un impreso. No prazo dun día terás o teu carné.
  • Online: a través deste enlace. Logo terás que pasar pola biblioteca para confirmar a alta e recoller o carné.

As altas de persoas menores de 14 anos deberán estar confirmadas por unha persoa responsable (nai, pai, titor ou titora).

O carné é gratuíto, persoal e intransferible. Todos os servizos que precisen identificación previa como persoa usuaria (como o préstamo de exemplares) poderán ser usados soamente pola persoa usuaria ou persoa adulta responsable.

Preguntas frecuentes

¿Que caducidade ten o carné?: No caso das persoas adultas 5 anos, e no caso das menores 3 anos.

Eu tiña o antigo carné da biblioteca, ¿o podo seguir usando?: Non te preocupes: mantés a túa condición de persoa socia. Pero debes pasar pola biblioteca para actualizar os teus datos e que che fagamos o novo carné.

Pídenme o meu número de carné, ¿onde podo atopalo?: É o número que aparece na túa tarxeta, debaixo dos apelidos.

¿E podería usar o meu carné en todas as bibliotecas da rede?: Si, en igualdade de condicións e cos mesmos dereitos e obrigas.