
A través do catálogo online da biblioteca tes unha conta persoal con varios servizos dispoñibles. Accede co teu número de persoa usuaria da biblioteca e contrasinal. Neste espazo privado poderás:
- Informarte dos teus préstamos en activo, dos prazos de préstamo e as datas de vencemento.
- Renovar directamente os teus préstamos
- Realizar reservas
- Realizar propostas de compra
- Crear as túas propias listas de libros (tipo “libros pendentes para ler”)
- Acceder ao teu historial de lectura (libros e datas dos teus préstamos pasados)
- Informarte das túas posibles sancións
- Acceder ao teu historial de buscas
- Modificar os teus datos persoais e o teu contrasinal
- Etiquetar e comentar os libros do catálogo da biblioteca
Preguntas frecuentes
¿Cal é o meu número de persoa usuaria e contrasinal?: O número de persoa usuaria é o que aparece na túa tarxeta, e o contrasinal chegoute por correo electrónico. Desde a túa conta podes cambiar o contrasinal.
Pero non o recordo o meu contrasinal…: Pois preme neste enlace e segue o procedemento para restablecer o contrasinal.
Non me chegou nada…: Comproba que teñamos a túa dirección de email correcta na biblioteca.