Mesa redonda no Día das escritoras

O próximo luns 15 de outubro, ás 19:00 horas, organizamos unha charla e mesa redonda co título “Mulleres rebeldes e transgresoras“, na que intervirán as escritoras galegas María Xosé Porteiro e María Xosé Queizán. Con esta charla a Biblioteca do Porriño participa na celebración do Día das Escritoras convocada pola Biblioteca Nacional de España, a … More Mesa redonda no Día das escritoras

Abrimos inscricións para as novas actividades

Volvemos do verán para animarvos a participar no resto das actividades que a biblioteca ten programadas para o resto do ano. E abrimos inscricións para todas aquelas que requiran inscrición previa. Temos novas edicións dos grupos de conversación en inglés, alfabetización dixital para maiores, clubs de lectura infantís e de adultos, obradoiros de fotografía dixital, … More Abrimos inscricións para as novas actividades

Obradoiro de escritura creativa

Inscricións abertas para un novo “Obradoiro de escritura creativa”. Trátase dun obradoiro intensivo de iniciación á escritura centrado no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir, co que intentamos darlle un impulso a esas escritoras e escritores que levades dentro. O obradoiro será impartido pola recoñecida escritora Clara do Roxo, escritora … More Obradoiro de escritura creativa

Novo grupo de conversación en inglés: nivel medio

Xa comezamos co segundo grupo de conversación en inglés deste 2018, en formato nivel medio, pero aínda temos prazas dispoñibles. A primeira convocatoria foi o pasado martes 3 de abril, pero o grupo vaise reunir todos os martes de abril e maio entre as 19:00 e as 20:00 horas na biblioteca do Porriño. Trátase dunha … More Novo grupo de conversación en inglés: nivel medio

Inglés básico

Convocamos outro novo grupo de conversación en inglés, de nivel básico, que comezará o próximo martes 3 de abril e reunirase todos os martes de abril e maio entre as 19:00 e as 20:00 horas na biblioteca do Porriño. Trátase dunha actividade que pretende o perfeccionamento do inglés a nivel oral para os participantes, a … More Inglés básico

Teatro infantil: Pavillón Lino

Este xoves 22 de marzo levaremos a cabo a segunda sesión do noso ciclo de teatro infantil. Despois da actuación de Laranxus 7, da compañía Avento, o pasado febreiro, agora tócalle o turno á obra “Pavillón Lino”, da compañía de teatro Caramuxo. “Pavillón Lino” é unha trepidante comedia de variedades pola que desfilarán unha morea de pintorescos personaxes: … More Teatro infantil: Pavillón Lino

Obradoiro de fotografía: nivel medio

O vindeiro venres 16 de marzo comezamos coa edición dun novo obradoiro de fotografía, nivel medio. Trátase do segundo grupo deste nivel que convocamos este ano, no que ensinamos o funcionamento dunha aplicación informática para realizar revelado dixital. O nivel medio ensina o funcionamento dunha app informática para o revelado Estes obradoiros van dirixidos a … More Obradoiro de fotografía: nivel medio