Biblioteatro: animación á lectura 2018

¡Presentamos a relación de actividades de animación á lectura para 2018! Este ano cambiaremos o formato, e propoñemos un gran espectáculo de animación á lectura para cada mes, levado a cabo por distintas compañías de teatro e títeres profesionais de Galicia, con obras relacionadas cos libros, a lectura e os contos. Pensamos que será do … More Biblioteatro: animación á lectura 2018

Arrancamos coas novas actividades do ano

Continuamos coa nosa programación de cursos e actividades para 2017, co fin de que a biblioteca siga sendo un espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social, un servizo público de maior relevancia na sociedade actual. Con este fin acabamos de abrir as inscricións para toda unha serie de cursos e actividades de carácter gratuíto,  para … More Arrancamos coas novas actividades do ano

Obradoiro: Coidemos o mar, podemos!

Galería fotográfica Os nosos mares están en perigo, pero nós podemos facer moito para conservalos. A biblioteca do Porriño, sempre sensibilizada co respecto ao medio ambiente, tamén quere contribuír a protexelos, e para iso actúa dende o ámbito da información e a formación. Botamos a andar o obradoiro infantil “Coidemos o mar, podemos!” , que … More Obradoiro: Coidemos o mar, podemos!

Feira do libro: día 4

Hoxe temos de menú: 12:30 Obradoiro: A fábrica de aromas. Obradoiro para nenos e nenas de 4 a 11 anos desenvolto por “Ciencia divertida”. Os participantes divertiranse experimentando cos seus sentidos e realizando as súas propias obras: xabóns de formas divertidas e curiosas, cos seus envoltorios personalizados, pasta de dentes caseira, escumas de cores para baños … More Feira do libro: día 4

Feira do libro: día 2

Hoxe temos de menú: 11:00 Visita guiada á Feira con Olga Abad. Os alumnos de centros educativos porriñeses visitarán a Feira acompañados pola popular contacontos Olga Abad, de Intres 12:00 Visita guiada á Feira con Olga Abad. Os alumnos de centros educativos porriñeses visitarán a Feira acompañados pola popular contacontos Olga Abad, de Intres 18:00 Contacontos: “Babacontos … More Feira do libro: día 2

Proxecto “Cociñar sen glute”

Dende a Biblioteca do Porriño, en colaboración con ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia), poñemos en marcha o programa “Cociñar sen glute“. Trátase dun proxecto baseado en tres actividades distintas: un obradoiro familiar de cociña sen glute, unha exposición bibliográfica sobre enfermidade celíaca e cociña sen glute, e unha guía de lectura sobre o mesmo … More Proxecto “Cociñar sen glute”