Alfabetización dixital para maiores

Os cursos de alfabetización dixital para maiores da Biblioteca do Porriño están pensados para a formación no uso das tecnoloxías da información e comunicación para poboación adulta en risco de exclusión dixital: é dicir, para persoas maiores con escasos coñecementos sobre o uso de ordenadores. Trátase de cursos personalizados, para grupos reducidos dun máximo de … More Alfabetización dixital para maiores

Arrancamos coas novas actividades do ano

Continuamos coa nosa programación de cursos e actividades para 2017, co fin de que a biblioteca siga sendo un espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social, un servizo público de maior relevancia na sociedade actual. Con este fin acabamos de abrir as inscricións para toda unha serie de cursos e actividades de carácter gratuíto,  para … More Arrancamos coas novas actividades do ano

Avance programa de actividades para 2017

Comeza o programa de actividades da biblioteca do Porriño para o 2017. Aínda que son moitas as que estamos preparando, e que se desenvolverán desde este mes de xaneiro ata decembro, agora mesmo acabamos de abrir as inscricións para catro: Club de lectura de adultos, Club de lectura infantil, Obradoiros de alfabetización dixital e Grupos … More Avance programa de actividades para 2017

Obradoiros de alfabetización dixital para persoas adultas

Actividade: Obradoiros de alfabetización dixital para persoas adultas Contido: formación no uso das TIC. 3 niveis de coñecemento ¿Para quen?: adultos con poucos coñecementos do uso do ordenador e internet. ¿Cando?: mércores de xaneiro-xuño e outubro-novembro. De 10:00 a 11:30. Inscricións abertas para os obradoiros de alfabetización dixital para persoas adultas ao longo deste ano, … More Obradoiros de alfabetización dixital para persoas adultas

Pickingideas: unha app para as ideas inspiradoras

Pickingideas (“Grandes ideas. Pequeno formato”) é unha interesante aplicación española para smartphones Android, moi útil para os amantes da lectura. Permite capturar, gardar e compartir de forma rápida e simple aquelas ideas ou fragmentos de texto que nos resulten útiles mentres estamos lendo. Porque todos coñecemos eses momentos que xorden na lectura, nos que unha … More Pickingideas: unha app para as ideas inspiradoras

Obradoiro: A hora do código

Actividade:   A hora do código Contido:  obradoiro de introdución ás ciencias da computación. ¿Para quen?:  usuarios maiores de 13 anos. ¿Cando?:   martes 13 de decembro. De 19:00 a 20:30. A “Hora do código” é un obradoiro dunha hora e media de duración pensado como introdución ás ciencias da computación, e deseñado para mostrar que todo … More Obradoiro: A hora do código

Coñeces Wattpad?: rede social para escritores e lectores

Entre as diferentes redes sociais de lectura ás que podedes acceder na actualidade destaca Wattpad, unha enorme plataforma que reúne a día de hoxe máis de 35 millóns de usuarios en todo o mundo, un millón deles en España. Trátase dunha comunidade de escritores e lectores en liña, con grandes servizos e posibilidades para uns … More Coñeces Wattpad?: rede social para escritores e lectores

O TranVía: revista do Val da Louriña

O TranVía: revista do Val da Louriña, foi unha histórica publicación periódica que se editou no Porriño entre os anos 1992 e 1995. Ao longo dese tempo sairían á rúa 12 números trimestrais do TranVía, que eran vendidos por 250 pesetas en bares, quioscos, librerías, gasolineiras, asociacións de veciños e tendas de alimentacións dos concellos … More O TranVía: revista do Val da Louriña

Alfabetización dixital para adultos. Nivel iniciación. Quenda 4

Actividade: Obradoiro de alfabetización dixital Contido: formación no uso das TIC. Nivel iniciación. Quenda 4. ¿Para quen?: adultos con poucos coñecementos do uso do ordenador e internet. ¿Cando?: mércores 7, 14, 21 e 28 de decembro. De 10:00 a 11:00. Xa están abertas as inscrición para a 4º Quenda dos obradoiros de alfabetización dixital para … More Alfabetización dixital para adultos. Nivel iniciación. Quenda 4

Alfabetización dixital para adultos. Nivel iniciación. Quenda 3.

Actividade: Obradoiro de alfabetización dixital Contido: formación no uso das TIC. Nivel iniciación. Quenda 3. ¿Para quen?: adultos con poucos coñecementos do uso do ordenador e internet. ¿Cando?: mércores 9, 16, 23 e 30 de novembro. De 10:00 a 11:00. Xa están abertas as inscrición para a 3º Quenda dos obradoiros de alfabetización dixital para … More Alfabetización dixital para adultos. Nivel iniciación. Quenda 3.