Conferencia “Cómeo a bicos”

ACTIVIDADE CANCELADA O próximo xoves 12 de marzo ás 19:00 horas, no noso auditorio, a Biblioteca do Porriño organiza a conferencia-coloquio “Cómeo a bicos: guía práctica para acompañar ao teu bebé no seu desenvolvemento”, dentro do ciclo Bibliosaúde. O relator será Iñaki Pastor, fisioterapeuta experto en pediatría e desenvolvemento. A conferencia será de entrada libre … More Conferencia “Cómeo a bicos”

Sección Biblioterapia

Xa está dispoñible na biblioteca a nova sección “Biblioterapia”. A biblioterapia consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico (libros de autoaxuda) ou de desenvolvemento (novelas). Recórrese a ela principalmente para apoiar o tratamento de trastornos mentais e problemas emocionais e para promover a saúde mental. Acceder a este tipo de libros pode axudar a … More Sección Biblioterapia

Conferencia sobre desenvolvemento visual

O próximo xoves 23 de xaneiro ás 19:00 horas, no noso auditorio, a Biblioteca do Porriño organiza unha charla sobre “Como favorecer o desenvolvemento visual ao inicio e durante toda a vida”. A relatora será a óptica-optometrista Lucila To García-Miranda. A conferencia será de entrada libre ata completar aforo. “Existen no mundo 217 millóns de … More Conferencia sobre desenvolvemento visual

Proxecto Bibliosaúde

A Biblioteca do Porriño ten destacado nos últimos tempos polo desenvolvemento de programas formativos que a reafirman como espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social. Neste contexto foron numerosas as accións postas en marcha no pasado, buscando incidir cada ano nun aspecto determinado desta a súa vocación social. Para o 2020 a Biblioteca do Porriño … More Proxecto Bibliosaúde