Novas coleccións manga

Temos dúas interesantes incorporacións na Comicteca. Trátase das coleccións best-sellers de “Guardianes de la noche” (9 volumes) e “One Punch-Man” (20 volumes), dúas das series mangas con máis éxito da historia. Guardianes de la noche (ou Kimetsu No Yaiba), de Koyoharu Gotouge, narra a vida de Tanjirô, un agradábel vendedor de carbón que cambia por … More Novas coleccións manga

O bibliotecario recomenda

Os nenos da varíola, María Solar (Galaxia, 2017) Recomendo esta novela da compostelán María Solar por varias razóns. A primeira: trátase dunha novela histórica moi entretida ambientada en Galicia. A segunda: expóñenos un dilema ético con moita chicha, que dará bastante para debater cos vosos achegados. E terceira: introdúcenos na historia médica das vacinas, un … More O bibliotecario recomenda

O bibliotecario recomenda

Corazón giratorio, de Donal Ryan (Sajalín Editores, 2019) Unha novela entretida, maxistralmente zurcida, cunha enorme carga de ironía negra e cuns personaxes estupendamente trazados. “Corazón giratorio” é unha historia composta a través de diferentes historias. Personaxes golpeados polo estalido da burbulla inmobiliaria nun pequeno pobo irlandés. Desemprego, desesperación e urbanizacións pantasmas. O asasinato de Frank … More O bibliotecario recomenda

Actualizando as coleccións infantís

Xa sabedes que estamos constantemente actualizando a nosa colección, incorporando novidades, actualizando o fondo, completando series, etc. Hoxe queremos informar sobre novas incorporacións na sección infantil. As series infantís arrasan entre as nosas lectoras e lectores máis pequenos, polo que tentamos estar sempre ao día. Deste xeito: Incorporamos novas coleccións de libros infantís. Entre elas: … More Actualizando as coleccións infantís

Dándolle un repaso ás estanterías

Aproveitamos o verán, e o menor trasfego de usuarios e usuarias, para facer distintos traballos que tiñamos pendentes a pé de obra. Así por exemplo, estamos dándolle un lustre ás estanterías. Reordenando os fondos, recatalogando ás veces, expurgando, completando coleccións, repoñendo exemplares deteriorados, etc. Ademais da necesaria xestión e actualización da nosa colección, o resultado … More Dándolle un repaso ás estanterías