Concurso “O ollo de vidro” 2020

Este ano a Biblioteca do Porriño volve a colaborar no concurso “O ollo de vidro”, proxecto impulsado polo Festival de Cans que xa vai pola súa V edición. Trátase dun certame que pretende fomentar entre a cidadanía hábitos lectores, utilizando a lectura como fonte de información, aprendizaxe e enriquecemento persoal, ao mesmo tempo que se … More Concurso “O ollo de vidro” 2020

Premio de microrrelatos “Mulleres progresistas”

Xa está convocado o VIII Premio de microrrelatos “Mulleres progresistas”, un certame convocado pola asociación viguesa Mulleres Progresistas que xa ten percorrido, e no que vos animamos a participar. Trátase dun xénero literario tan breve como intenso a través do cal podedes introducirvos no apaixonante mundo da escrita. Poderán participar mulleres maiores de 16 anos cun … More Premio de microrrelatos “Mulleres progresistas”

Vídeos gañadores de “Un ollo de vidro” (Festival de Cans)

Xa sabemos os vídeos gañadores do concurso “Un ollo de vidro“, relacionado co proxecto Recoméndoche un vidro. Un concurso organizado pola Escola Oficial de Idiomas de Vigo, a Biblioteca Neira Vilas, o IES Castelao e o Festival de Curtas de Cans, e no que este ano colabora a Biblioteca do Porriño xunto co IES Pino Manso. … More Vídeos gañadores de “Un ollo de vidro” (Festival de Cans)

bookTubes, bookTrailers e Festival de Cans

Este ano a Biblioteca do Porriño colabora no proxecto “Recoméndoche un libro” e no certame relacionado “III Concurso O ollo de vidro“, que pretende fomentar o hábito lector, a lectura en galego e a creación audiovisual a través dos bookTrailers e bookTubes. ¿Que son os bookTrailers? Pois pequenas pezas creativas de audiovisual que consisten en … More bookTubes, bookTrailers e Festival de Cans

Sorteamos a triloxía de Blue Jeans, “Algo tan sencillo”

[SORTEO PECHADO] ¡SORTEAMOS a triloxía completa de Blue Jeans, “Algo tan sencillo”!! 😍💞. Para participar soamente debes: -Darlle a “Me gusta” na nosa páxina de Facebook, se aínda non o tes feito. -Compartir a publicación do concurso en Facebook -Comentar onde pensas ler a triloxía de Blue Jeans. Tedes ata o próximo luns 24 de … More Sorteamos a triloxía de Blue Jeans, “Algo tan sencillo”

Certame literario “Os viadutos”

Nada menos que 17 edicións ten xa un dos premios literarios máis importantes da comarca, o Certame literario de relatos curtos “Os viadutos”, organizado polo Concello de Redondela. A convocatoria do 2017 xa está aberta, así que animádevos a participar. Podes participar se tes entre dezaoito e trinta e cinco anos, cun único texto orixinal, … More Certame literario “Os viadutos”

Sorteo: qué mellor cesta de Nadal que unha chea de libros!

Recuperamos o noso tradicional e orixinal sorteo de Nadal. O premio: unha cesta chea de libros. Así, dende o luns 12 de decembro ata o 5 de xaneiro de 2017, todos os usuarios e usuarias que leven un libro ou película para casa automaticamente entrarán no sorteo dunha gran cesta de Nadal que actualmente xa … More Sorteo: qué mellor cesta de Nadal que unha chea de libros!