Contacontos: Amodo, amodiño

Este xoves 21 de marzo ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará a compañía Trécola Teatro, coa obra Amodo, amodiño. Miska e Muska son dúas grandes amigas unidas por unha paixón común: a bicicleta. Tras un inesperado reencontro, comezarán a rememorar historias que viviron xuntas: cando se coñeceron, nunha tola … More Contacontos: Amodo, amodiño

Contacontos: Raposadas, de Raquel Queizás

Este xoves 14 de marzo ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará Raquel Queizás, coa función Raposadas. Raposadas consiste nunha selección de contos populares de tradición oral de Galicia. Os contos están protagonizados por animais personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia para … More Contacontos: Raposadas, de Raquel Queizás

Contacontos/obradoiro de intelixencia emocional

Este xoves 21 de febreiro ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará a compañía Donde viven los cuentos, con Monstruosas emocións. Monstruosas emocións é un contacontos-obradoiro de intelixencia emocional baseado no famoso libro “O monstro de cores” de Anna Llenas. Tomando como base o texto e a idea deste … More Contacontos/obradoiro de intelixencia emocional

Abrabebé: espectáculo para bebés na biblio

Este xoves ás 18:00 temos unha nova actuación dentro do programa de animación á lectura da Biblioteca do Porriño, A Contateca. Desta volta será un espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos de idade, que desenvolverá Carlos Coira, e titulado “Abrabebé“. Partindo dos libros que forman a colección “Conto cinco sentidos” da editorial OQO, … More Abrabebé: espectáculo para bebés na biblio

Caxoto Contacontos

Este xoves 7 de febreiro comezamos a programación da nosa Contateca. Actuará A trastenda dos contos, coa función Contos de medo que deixan durmir Trátase dun espectáculo para toda a familia onde aprenderemos a rirnos de nós mesmos. Achegarémonos ao medo desde a risa, desde a bondade duns personaxes, en principio, misteriosos. Un paseo ao longo da … More Caxoto Contacontos

Contateca: animación infantil á lectura 2019

Xa temos á vosa disposición a programación de animación á lectura na Biblioteca do Porriño para o ano 2019: A Contateca. Unha programación extensa con ata trinta actuacións ao longo do ano, coa que queremos redobrar o noso esforzo pola animación á lectura do noso Concello. Despois do gran éxito de público que tivemos o … More Contateca: animación infantil á lectura 2019