Sesión de animación á lectura pola igualdade

Este xoves 19 teremos a derradeira sesión de contacontos da nosa Contateca 2019. Actuará Raquel Queizás coa función “Travesías”, arredor dos valores da igualdade. Como sempre, será ás 18:00 horas. Faremos viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir alcanzar os seus sonos. Agora poderemos … More Sesión de animación á lectura pola igualdade

Contos e outras andrómenas

Nova sesión de contacontos na nosa Contateca! Este xoves 28 de novembro teremos entre nós a Pedro Brandariz, coa función Contos e outras andrómenas. Como sempre, será ás 18:00 horas. Trátase dun espectáculo de narración oral composto por tres historias, protagonizadas por unha pantasma, un paraugas e un parrulo. Historias rescatadas da tradición oral que son … More Contos e outras andrómenas

Animación á lectura con Trinke-Trinke

Nova sesión de contacontos na nosa Contateca! Este xoves 21 de novembro temos animación á lectura para bebés da man da compañía Trinke-Trinke, coa obra Rato canguro. Como sempre, será ás 18:00 horas. O rato Fuco visita a biblioteca na compaña dun bebé ao que ten que coidar (en Lonxedetodo, comunidade igualitaria onde viven os ratos e ratas de … More Animación á lectura con Trinke-Trinke

Contacontos en inglés

Este xoves hai Contateca. Olliño, que a función será media hora máis tarde do habitual: xoves 31 ás 18:30. Teremos connosco á porriñesa Beatriz Alonso Cabaleiro cunha actividade de contos interactivos en inglés. Hey  there,  it´ s  storytime!  Leremos un conto ilustrado e realizaremos actividades plásticas relacionadas cos nosos personaxes favoritos mentres cantamos cancións infantís … More Contacontos en inglés

Nova sesión de contacontos

Esta semana hai Contateca! Mañá xoves 24 temos unha nova actuación de contacontos dentro do noso programa de animación á lectura. Como sempre, será ás 18:00, e actuará a compañía Títeres Brincadeira coa coa función A carteira de Augasclaras. Desde o pobo de Augasclaras, chega a carteira para repartir o correo aos nenos e nenas que están na biblioteca. … More Nova sesión de contacontos

Contos en valores: Dada o duende

Este xoves 16 de outubro, ás 18:00 hai Contateca. Actuará a compañía Eduvía coa función Contos Dada o Duende. O Duende Dada deleitaranos cun repertorio de contos marabillosos nos que se traballarán diferentes valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente e o traballo en equipo. Unha divertida forma de fomentar o hábito … More Contos en valores: Dada o duende