Volven os grupos de conversación en inglés

Volven a convocarse os grupos de conversación en inglés para este mes de outubro:  as sesións celébranse na biblioteca os martes 9, 16, 23 e 30 de outubro. Coma sempre, organizamos os grupos en dous niveis de aprendizaxe: un grupo de nivel básico (horario 18:00-19:00 horas) e outro grupo de nivel medio (19:00-20:00 horas). Trátase dunha … More Volven os grupos de conversación en inglés

Obradoiro de escritura creativa

Inscricións abertas para un novo “Obradoiro de escritura creativa”. Trátase dun obradoiro intensivo de iniciación á escritura centrado no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir, co que intentamos darlle un impulso a esas escritoras e escritores que levades dentro. O obradoiro será impartido pola recoñecida escritora Clara do Roxo, escritora … More Obradoiro de escritura creativa

Segundo grupo de fotografía (nivel básico)

O próximo 6 de abril comezamos outra edición dos obradoiros de fotografía, neste caso cun novo grupo de nivel básico. O nivel básico (Nivel I) sirve para dar a coñecer o funcionamento básico dunha cámara réflex e ensinar técnicas básicas que permitan explotar a creatividade dos participantes. O segundo grupo de nivel básico busca fomentar a … More Segundo grupo de fotografía (nivel básico)

Obradoiro de fotografía: nivel básico

Mañá día 2 de marzo comezamos cunha nova edición dos obradoiros de fotografía, neste caso cun novo grupo de nivel básico. O nivel básico (Nivel I) sirve para dar a coñecer o funcionamento básico dunha cámara réflex e ensinar técnicas básicas que permitan explotar a creatividade dos participantes. Comenzamos os obradoiros fotográficos cunha edición do nivel … More Obradoiro de fotografía: nivel básico

Sesión formativa para usuarios e usuarias

¿Queres sacarlle todo o partido á biblioteca? Pois inscríbete nas nosas sesións formativas para usuarios e usuarias. Aprenderás a usar a biblioteca en modo pro. Este ano organizamos tres sesións formativas: os luns 5 de marzo, 28 de maio e 12 de novembro. Entre as 18:30 e as 20:00 horas, aprenderás todos os arcanos da … More Sesión formativa para usuarios e usuarias

Programación de actividades 2018

Publicamos a programación de actividades da biblioteca do Porriño para o 2018: obradoiros, actuacións musicais, roteiros, clubs de lectura, cociña, grupos de conversación en idiomas, alfabetización dixital para maiores, fotografía dixital, escritura creativa, formación de usuarios, charlas, documentais, ciencia… ¡De todo! Tedes a relación de actividades, con datas e horarios, no apartado Actividades desta web.  … More Programación de actividades 2018

Obradoiro de ciencia: salvar a terra dos incendios está nas nosas mans.

Este mes de novembro é o “Mes da ciencia”, e na biblioteca o celebramos convocando un obradoiro de divulgación científica para público infantil, cun tema de enorme importancia e, desgraciadamente, de moita actualidade: os incendios. O suxerinte título é “Salvar a terra dos incendios está nas nosas mans” e se celebrará este venres 10 de … More Obradoiro de ciencia: salvar a terra dos incendios está nas nosas mans.

Arrancamos coas novas actividades do ano

Continuamos coa nosa programación de cursos e actividades para 2017, co fin de que a biblioteca siga sendo un espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social, un servizo público de maior relevancia na sociedade actual. Con este fin acabamos de abrir as inscricións para toda unha serie de cursos e actividades de carácter gratuíto,  para … More Arrancamos coas novas actividades do ano

Obradoiro: Coidemos o mar, podemos!

Galería fotográfica Os nosos mares están en perigo, pero nós podemos facer moito para conservalos. A biblioteca do Porriño, sempre sensibilizada co respecto ao medio ambiente, tamén quere contribuír a protexelos, e para iso actúa dende o ámbito da información e a formación. Botamos a andar o obradoiro infantil “Coidemos o mar, podemos!” , que … More Obradoiro: Coidemos o mar, podemos!