Arrancamos coas novas actividades do ano

Continuamos coa nosa programación de cursos e actividades para 2017, co fin de que a biblioteca siga sendo un espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social, un servizo público de maior relevancia na sociedade actual. Con este fin acabamos de abrir as inscricións para toda unha serie de cursos e actividades de carácter gratuíto,  para … More Arrancamos coas novas actividades do ano

Obradoiro: Coidemos o mar, podemos!

Galería fotográfica Os nosos mares están en perigo, pero nós podemos facer moito para conservalos. A biblioteca do Porriño, sempre sensibilizada co respecto ao medio ambiente, tamén quere contribuír a protexelos, e para iso actúa dende o ámbito da información e a formación. Botamos a andar o obradoiro infantil “Coidemos o mar, podemos!” , que … More Obradoiro: Coidemos o mar, podemos!

Exposición no Recuncho: Cociñar sen glute

Inauguramos exposición no Recuncho da biblioteca: “Cociñar sen glute”. Trátase dunha selección bibliográfica de obras relacionadas coa celiaquía e a cociña sen glute, que escollemos en colaboración con  ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia), ademais dunha selección de produtos alimenticios para celiacos. Todo elo dentro do programa “Cociñar sen glute”, que desenvolvemos xuntocon ACEGA. Trátase dun … More Exposición no Recuncho: Cociñar sen glute

Proxecto “Cociñar sen glute”

Dende a Biblioteca do Porriño, en colaboración con ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia), poñemos en marcha o programa “Cociñar sen glute“. Trátase dun proxecto baseado en tres actividades distintas: un obradoiro familiar de cociña sen glute, unha exposición bibliográfica sobre enfermidade celíaca e cociña sen glute, e unha guía de lectura sobre o mesmo … More Proxecto “Cociñar sen glute”

Obradoiro de escritura creativa

Actividade: Obradoiro de escritura creativa Contido: escritura ¿Para quen?: poboación adulta ¿Cando?: 7, 8, 14 e 15 de xuño, de 18:00 a 20:00 horas.   Inscricións abertas para o “Obradoiro de escritura creativa”. Trátase dun obradoiro intensivo de iniciación á escritura centrada no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir, co que intentamos darlle … More Obradoiro de escritura creativa

Obradoiros de fotografía dixital

Actividade: Obradoiros de fotografía dixital. Contido: iniciación á fotografía. ¿Para quen?: poboación adulta. ¿Cando?: tres grupos, en marzo, abril e outubro. Entre as 17:00-20:00 horas. Vivimos no mundo da imaxe. Poderá gustarnos máis ou menos, pero é innegable que hoxe en día a imaxe cobrou unha importancia extraordinaria, exponenciada pola popularización das cámaras dos smartphones, … More Obradoiros de fotografía dixital

Avance programa de actividades para 2017

Comeza o programa de actividades da biblioteca do Porriño para o 2017. Aínda que son moitas as que estamos preparando, e que se desenvolverán desde este mes de xaneiro ata decembro, agora mesmo acabamos de abrir as inscricións para catro: Club de lectura de adultos, Club de lectura infantil, Obradoiros de alfabetización dixital e Grupos … More Avance programa de actividades para 2017

Grupos de conversa en inglés 2017

Actividade: Grupos de conversa en inglés. Contido: grupos guiados para practicar inglés de conversa. ¿Para quen?: usuarios adultos, cun nivel básico e intermedio. ¿Cando?: martes entre febreiro-xuño e outubro-novembro. Entre as 18:00-20:15   Inscricións abertas para os grupos de conversa en inglés para o ano 2017. Trátase dunha actividade que pretende o perfeccionamento do inglés … More Grupos de conversa en inglés 2017

Obradoiros de alfabetización dixital para persoas adultas

Actividade: Obradoiros de alfabetización dixital para persoas adultas Contido: formación no uso das TIC. 3 niveis de coñecemento ¿Para quen?: adultos con poucos coñecementos do uso do ordenador e internet. ¿Cando?: mércores de xaneiro-xuño e outubro-novembro. De 10:00 a 11:30. Inscricións abertas para os obradoiros de alfabetización dixital para persoas adultas ao longo deste ano, … More Obradoiros de alfabetización dixital para persoas adultas

Obradoiro: A hora do código

Actividade:   A hora do código Contido:  obradoiro de introdución ás ciencias da computación. ¿Para quen?:  usuarios maiores de 13 anos. ¿Cando?:   martes 13 de decembro. De 19:00 a 20:30. A “Hora do código” é un obradoiro dunha hora e media de duración pensado como introdución ás ciencias da computación, e deseñado para mostrar que todo … More Obradoiro: A hora do código