Premio de microrrelatos “Mulleres progresistas”

Xa está convocado o VIII Premio de microrrelatos “Mulleres progresistas”, un certame convocado pola asociación viguesa Mulleres Progresistas que xa ten percorrido, e no que vos animamos a participar. Trátase dun xénero literario tan breve como intenso a través do cal podedes introducirvos no apaixonante mundo da escrita. Poderán participar mulleres maiores de 16 anos cun … More Premio de microrrelatos “Mulleres progresistas”

Obradoiro de escritura creativa

Inscricións abertas para un novo “Obradoiro de escritura creativa”. Trátase dun obradoiro intensivo de iniciación á escritura centrado no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir, co que intentamos darlle un impulso a esas escritoras e escritores que levades dentro. O obradoiro será impartido pola recoñecida escritora Clara do Roxo, escritora … More Obradoiro de escritura creativa

Premio Nortear

Xa está aberta a nova convocatoria do premio literario Nortear-Novos Escritores Norte de Portugal/Galicia. Trátase dunha iniciativa conxunta que levan a cabo diferentes administracións transfronteirizas (como a Xunta de Galicia) co obxectivo de promover a aparición de novos escritores e escritoras na rexión, incentivar a produción de obras de ficción e a creatividade literaria. No … More Premio Nortear

Obradoiro de escritura creativa

Actividade: Obradoiro de escritura creativa Contido: escritura ¿Para quen?: poboación adulta ¿Cando?: 7, 8, 14 e 15 de xuño, de 18:00 a 20:00 horas.   Inscricións abertas para o “Obradoiro de escritura creativa”. Trátase dun obradoiro intensivo de iniciación á escritura centrada no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir, co que intentamos darlle … More Obradoiro de escritura creativa

Pickingideas: unha app para as ideas inspiradoras

Pickingideas (“Grandes ideas. Pequeno formato”) é unha interesante aplicación española para smartphones Android, moi útil para os amantes da lectura. Permite capturar, gardar e compartir de forma rápida e simple aquelas ideas ou fragmentos de texto que nos resulten útiles mentres estamos lendo. Porque todos coñecemos eses momentos que xorden na lectura, nos que unha … More Pickingideas: unha app para as ideas inspiradoras

Coñeces Wattpad?: rede social para escritores e lectores

Entre as diferentes redes sociais de lectura ás que podedes acceder na actualidade destaca Wattpad, unha enorme plataforma que reúne a día de hoxe máis de 35 millóns de usuarios en todo o mundo, un millón deles en España. Trátase dunha comunidade de escritores e lectores en liña, con grandes servizos e posibilidades para uns … More Coñeces Wattpad?: rede social para escritores e lectores