Wiki-maratón

Desde a Biblioteca do Porriño organizamos e convocamos un wiki-maratón para o próximo luns 4 de novembro. Trátase dun evento de edición colectiva e simultánea en Wikipedia, aberto ao público, no que persoas con distintos niveis de experiencia reúnense para mellorar ou crear artigos, utilizando para iso fontes previamente recompiladas que son facilitadas por unha … More Wiki-maratón

Cheo no curso para falar en público

Cheo total no Curso para aprender a falar en público… e ampla listaxe de espera. Vinte porriñesas e porriñeses participarán nesta actividade formativa organizada pola biblioteca, que se celebrará no mes de outubro, os venres de 17:30 a 20:00 horas. Trátase dunha actividade dirixida a todas as persoas que desexen mellorar a súa capacidade comunicativa ante … More Cheo no curso para falar en público

Volvemos cos grupos de conversación en inglés

Xa está aí o tema do Brexit. Pero non vos fagades ilusións: o idioma inglés vainos seguir sendo necesario para o futuro, nos guste ou non. Non hai outra. Por iso, coincidindo co mes do Brexit, en outubro volvemos a comezar cos grupos de conversación en inglés, e temos prazas dispoñibles para ambos niveis, tanto … More Volvemos cos grupos de conversación en inglés

Infografía: consellos para adaptación á escola infantil

Estes días moitas das nosas crianzas comezan nas escolas infantís. O período de adaptación á escola infantil é un proceso gradual que afecta a toda a familia. O cambio máis importante dáse nas crianzas, pero nós tamén debemos afrontar experiencias e cambios significativos. Se nos preparamos para este momento, as nosas fillas e fillos terán unha … More Infografía: consellos para adaptación á escola infantil

Curso para aprender a falar en público

Abrimos inscricións para as actividades formativas do último trimestre do ano. Ao longo do 2019 a Biblioteca do Porriño desenvolve un amplo programa de actividades relacionadas coa “aprendizaxe permanente”. Trátase de accións formativas non académicas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do cidadán no plano laboral, social e persoal para afrontar as necesidades dun presente sempre … More Curso para aprender a falar en público

Cociña sen glute

O 27 de maio se celebra o “Día Nacional do Celíaco”. A biblioteca do Porriño quere contribuír á sensibilización cara esta enfermidade, polo que organizamos, por terceiro ano consecutivo, unha actividade destinada a aportar formación, información e ferramentas prácticas para as persoas celíacas, pero tamén para toda a xente interesada. Para iso, en colaboración con … More Cociña sen glute

Curso sobre ferramentas de Google

Ao longo do 2019 a Biblioteca do Porriño desenvolve un amplo programa de actividades relacionadas coa “aprendizaxe permanente”. Trátase de accións formativas non académicas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do cidadán no plano laboral, social e personal para afrontar as necesidades dun presente sempre cambiante. Hoxe presentamos e convocamos un Curso básico sobre ferramentas … More Curso sobre ferramentas de Google