Amplíase o horario da Sala de Estudo
A partir de hoxe, venres 8 de xaneiro de 2021, amplíase a apertura da Sala de Estudo. O novo horario é de luns a venres de 8.30 a 20.30 horas, de forma ininterrompida.
A partir de hoxe, venres 8 de xaneiro de 2021, amplíase a apertura da Sala de Estudo. O novo horario é de luns a venres de 8.30 a 20.30 horas, de forma ininterrompida.
Un interesantísimo recurso informativo online: Mapa para consultar a propagación mundial en tempo real do COVID-19. Coa información real e máis actualizada. Creado polo Centro Johns Hopkins e actualizado en tempo real con datos da OMS, os CDC e outras fontes. A través dun mapa mundial interactivo amosa os datos reais por país sobre: casos … More Mapa online con datos COVID-19
Como sabedes, estaremos pechados ata novo aviso pola epidemia de COVID-19. Pero para calquera dúbida, consulta ou xestión podedes contactar connosco a través do email (biblioteca@oporrino.org) e responderemos normalmente. Con respecto aos préstamos de exemplares, todos os préstamos con data de vencemento a partir do pasado venres 13 de marzo (día no que pechamos) quedarán … More Atendemos por email
A Biblioteca do Porriño ten destacado nos últimos tempos polo desenvolvemento de programas formativos que a reafirman como espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social. Neste contexto foron numerosas as accións postas en marcha no pasado, buscando incidir cada ano nun aspecto determinado desta a súa vocación social. Para o 2020 a Biblioteca do Porriño … More Proxecto Bibliosaúde
Xa sabedes que na biblioteca do Porriño estamos moi implicados coa nosa cidadanía. Razón pola cal deseñamos e publicamos o “METROminuto do Porriño”, un plano de mobilidade a pé no centro da nosa vila. O METROminuto mide as distancias entre puntos destacados do rueiro urbano, e o tempo medio que tardamos en desprazarnos a pé entre … More O metroMinuto do Porriño
Mañá comeza unha nova edición do Festival Kerouac, un interesantísimo evento de poesía, música e performance que se celebra a cabalo entre Vigo, New York e agora tamén, na Ciudad de México. Pero a parte principal do festival, que xa vai pola súa IX edición, será aquí ao lado, en Vigo, entre este xoves 3 … More Festival Kerouac IX
Xa está convocado o VIII Premio de microrrelatos “Mulleres progresistas”, un certame convocado pola asociación viguesa Mulleres Progresistas que xa ten percorrido, e no que vos animamos a participar. Trátase dun xénero literario tan breve como intenso a través do cal podedes introducirvos no apaixonante mundo da escrita. Poderán participar mulleres maiores de 16 anos cun … More Premio de microrrelatos “Mulleres progresistas”
Segundo o último informe da Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC), titulado “Hábitos de aproveitamento dos alimentos nos fogares españois”, en España aínda existe unha enorme confusión entre a data de caducidade e a de consumo preferente: O 40% dos consumidores españois confunde a data de caducidade co consumo preferente Un 43% pensa que un … More Infografía sobre consumo
O Instituto Nacional de Estadística (INE), acaba de publicar os datos da renda media por persoa e fogar a nivel de barrios, unindo os datos do censo coa información da Agencia Tributaria. Con estes datos, o xornal creou un práctico mapa de visualización, que nos permite comprobar as diferencias de ingresos barrio por barrio, tanto … More O mapa da renda do Porriño