Nova expo no Recuncho

“Comer e ler son dous praceres que combinan admirablemente“. Así é como se chama esta nova exposición bibliográfica no Recuncho da biblioteca. A mostra está protagonizada polas “Crónicas de Narnia”, a saga escrita por C.S. Lewis nos anos cincuenta chea de fantasía, aventuras e maxia. Sabemos que a lectura e a gastronomía son dúas actividades … More Nova expo no Recuncho

Biografías que molan

Poñemos en marcha unha nova selección: “Biografías que molan“. Por que o facemos?  Porque se trata dun xénero que non soe ter moito movemento, e pensamos que temos libros biográficos estupendísimos, e queremos darlles visibilidade. Que os coñezades. Pode que os nosos usuarios e usuarias sigan pensando nas biografías soamente como as típicas vidas de … More Biografías que molan

Presentación do libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”

  Este xoves 18 de xaneiro, ás 20:00 horas, no auditorio do Centro Cultural Municipal, presentarase “O Porriño: historia & patrimonio cultural“, o novo libro do historiador porriñés Xosé Ramón Paz Antón, con fotografías de Xulio Gil (Engaiolarte, 2017). Recordamos que hai uns días publicamos un post nesta páxina falando amplamente sobre este interesante libro da … More Presentación do libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”

Libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”

Xa está dispoñible na biblioteca, e á venda nas librarías, o libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural“, escrito polo historiador porriñés Xosé Ramón Paz Antón. Trátase dunha obra fundamental sobre o noso concello, un compendio da súa historia e do seu patrimonio que resultaba moi necesaria e que o autor levou a cabo de … More Libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”

Serie Olympia de Almudena Cid

Xa temos na biblioteca a colección completa de Olympia, a serie de contos infantís escritos pola ximnasta Almudena Cid e ilustrados por Monte Martín, ambas ex compoñentes da selección española de ximnasia rítmica. Trátase dunha serie de libros publicados por Alfaguara, inspirados na carreira deportiva da propia escritora e protagonizados por Olympia, unha ximnasta do … More Serie Olympia de Almudena Cid

Proxección do documental sobre Estefanía

¿Como? ¿Que non sabes quen era Marcial Lafuente Estefanía? Pois ben novo has de ser… Estefanía (Toledo, 1903 – Madrid, 1984) foi o maior escritor de “novelas do oeste” (ou de vaqueiros) de España e un dos máis importantes do mundo. E un escritor dos máis prolíficos da historia: ¡publicou unhas 2.600 novelas! Este luns … More Proxección do documental sobre Estefanía