Mulleres: saber e poder. Charla na biblioteca

O vindeiro 16 de outubro celebrase o Día das Escritoras, e a Biblioteca do Porriño quere participar nos actos convocados para esa xornada cunha charla na que estarán presentes a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada de tres figuras fundamentais da literatura galega: Fran Alonso (Subdirector Xeral de Edicións Xerais de Galicia) … More Mulleres: saber e poder. Charla na biblioteca

O libro sobre o mosteiro de Budiño

Hoxe difundimos un interesante libro que podedes atopar na nosa biblioteca, e que pertence á Sección Local. Trátase de “O Mosteiro de San Salvador de Budiño e a Terra de Toroño“, obra publicada por Julio Ignacio González Montañés en 2011, e editada polo Instituto de Estudos Vigueses na Colección “Vigo na Memoria”. Moitos de nós … More O libro sobre o mosteiro de Budiño

O boom das escritoras latinoamericanas

Hai un novo boom literario en español, representado por xoves autoras latinoamericanas, que están arrasando tanto en premios, como en críticas como en éxito de lectores e lectoras. Toda unha xeración de escritoras que se abre paso reivindicando o seu propio espazo no mercado literario. Propoñémosvos unha selección dalgúns títulos moi recentes e destacadas deste … More O boom das escritoras latinoamericanas

Selección “Máis vendidos do 2016”

¡Temos nova sección de libros! Agora poderás atopar no mostrador de tránsito (para que sexa máis fácil, “bookfet libre”), unha selección da literatura máis vendida no ano pasado. Por si che quedou algún por ler aínda estás a tempo de facelo, porque son libros dos que aínda se está a falar polos corredores, e seguen … More Selección “Máis vendidos do 2016”

Incorporamos a colección revisada de “Los cinco”

Somos fans de “Los Cinco”, a serie de libros xuvenís da escritora inglesa Enid Blyton. Porque a nosa infancia tamén está marcada polos termos de té e o pastel de jenjibre, aínda que nunca tivéramos a oportunidade de probalos. Gústannos as historias con Ana, Dick, Julián, Jorge e o can Tim, as súas aventuras como … More Incorporamos a colección revisada de “Los cinco”

O movemento Urban Sketchers

Agora que o tempo de verán acompaña e podemos realizar actividades “extramuros”, propoñémosvos introducirvos no mundo da pintura a través do movemento de “urban sketchers” (USK). Trátase dunha actividade que está a cobrar cada vez máis importancia arredor de todo o mundo. Máis alá do que se supón outra nova “moda” ou tendencia, este interesante … More O movemento Urban Sketchers

A furgolibro do “Mercado de la Tía Ni”

Somos fans do Mercado de la Tía Ni, incondicionais. Trátase dunha iniciativa encantadora e orixinal en forma dunha libraría e “furgolibraría” que vai recorrendo as vilas de Galicia, prestando servizo de libraría pero moito máis: animación á lectura, obradoiros, microteatro, exposicións, etc. A alma mater do “Mercado de la Tía Ni” é Nieves Loporena, unha … More A furgolibro do “Mercado de la Tía Ni”

9 lecturas para resintonizar os chakras

O verán pode ser unha boa época para resintonizar o karma, razón pola cal engadimos á nosa colección, e recomendamos de paso, unha serie de lecturas propicias para alimentar o espírito neste tempo, polo demais, tan cargada de hedonismo, de bachata e de horchata. Mindfulness, felicidade, meditación, autoconfianza… Velaquí as nosas propostas para darlle unha … More 9 lecturas para resintonizar os chakras

Buen rollito: libros para non romperse a cabeza

Aínda que recoñecemos o valor de libros como o “Ulises” de Joyce, quizais non o recomendariamos como lectura de verán. No verán apetece algo máis lixeiro, máis dixerible, máis optimista se cadra. E na vida en xeral, tamén. Poñemos en marcha a sección “Buen rollito: libros para non romperse a cabeza”, unha selección de narrativa … More Buen rollito: libros para non romperse a cabeza