Almanaque Agrícola ZZ, unha investigación

¿Sabías que no Porriño segue a editarse unha das publicacións máis antigas de Galicia, con 64 anos de historia? ¿Sabías que durante o franquismo foi unha publicación que conseguiu sortear a censura publicando en galego e cunha ideoloxía galeguista? ¿Sabías que nela colaboraron grandes persoeiros da cultura e das artes galegas? ¿Sabías que foi coñecida … More Almanaque Agrícola ZZ, unha investigación

Antonio Palacios na Biblioteca do Porriño

Antonio Palacios Ramilo (O Porriño 1874-Madrid 1945) foi un dos mellores arquitectos españois do cambio de século e primeiras décadas do XX, soamente comparable a  unha figura da talla de Antonio Gaudí. Porriñés de nacemento e madrileño de adopción, pasará a historia como o construtor dos grandes edificios de Madrid como o Palacio de Comunicacións, o … More Antonio Palacios na Biblioteca do Porriño

Diego Giráldez videopresenta “Galería de saldos”

Comezamos unha nova sección onde autores e autoras recoñecidas videopresentarán as súas obras en formato de vídeo. Para comezar, temos a honra de contar co amigo e escritor porriñés Diego Giráldez, que presenta “Galería de saldos”, sen dúbida un dos mellores libros en galego do 2016, que sigue arrasando nas librerías e nas bibliotecas. Non … More Diego Giráldez videopresenta “Galería de saldos”

O TranVía: revista do Val da Louriña

O TranVía: revista do Val da Louriña, foi unha histórica publicación periódica que se editou no Porriño entre os anos 1992 e 1995. Ao longo dese tempo sairían á rúa 12 números trimestrais do TranVía, que eran vendidos por 250 pesetas en bares, quioscos, librerías, gasolineiras, asociacións de veciños e tendas de alimentacións dos concellos … More O TranVía: revista do Val da Louriña

Ruta literaria “Recuerdos porriñeses”

Leandro Diz Rey, cronista oficial do Porriño, escribiu o libro “Recuerdos porriñeses” no ano 1956. Con prólogo de José Carrera Domínguez e ilustracións de Antonio Fernández Valverde, esta pequena obra impresa nas gráficas Bolfer realiza un interesante retrato do Porriño a mediados do século XX. Diz fai un repaso dos lugares e acontecementos máis importantes … More Ruta literaria “Recuerdos porriñeses”