Horario de Nadal

¡Aviso para navegantes! Durante as vacacións de Nadal nós continuaremos co horario normal da biblioteca: de luns a venres, de 08:30 a 20:30 en horario continuado. A biblioteca soamente pechará os días 24, 25, 31 de decembro, e 1 de xaneiro.

Centos de ebooks gratis do CSIC

Un dos maiores organismos de investigación do mundo, e o primeiro de España, o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), acaba de publicar en aberto centos de libros e obras de investigación en formato ebook sobre ciencia, filosofía e historia, literatura e relixión. Os contidos están dispoñibles para consulta e descarga gratuíta a través da … More Centos de ebooks gratis do CSIC

Horario de verán

Para a semana que ven comeza o horario de verán: estaremos abertos de luns a venres entre as 08:00 e as 20:00. É dicir, adiántase media hora tanto a apertura como o peche: total, estaremos abertos as mesmas horas. O horario de verán será de aplicación no 2018 entre o 18 de xuño e o … More Horario de verán

Premio Nortear

Xa está aberta a nova convocatoria do premio literario Nortear-Novos Escritores Norte de Portugal/Galicia. Trátase dunha iniciativa conxunta que levan a cabo diferentes administracións transfronteirizas (como a Xunta de Galicia) co obxectivo de promover a aparición de novos escritores e escritoras na rexión, incentivar a produción de obras de ficción e a creatividade literaria. No … More Premio Nortear

Programación de actividades 2018

Publicamos a programación de actividades da biblioteca do Porriño para o 2018: obradoiros, actuacións musicais, roteiros, clubs de lectura, cociña, grupos de conversación en idiomas, alfabetización dixital para maiores, fotografía dixital, escritura creativa, formación de usuarios, charlas, documentais, ciencia… ¡De todo! Tedes a relación de actividades, con datas e horarios, no apartado Actividades desta web.  … More Programación de actividades 2018