Nova expo no Recuncho

“Comer e ler son dous praceres que combinan admirablemente“. Así é como se chama esta nova exposición bibliográfica no Recuncho da biblioteca. A mostra está protagonizada polas “Crónicas de Narnia”, a saga escrita por C.S. Lewis nos anos cincuenta chea de fantasía, aventuras e maxia. Sabemos que a lectura e a gastronomía son dúas actividades … More Nova expo no Recuncho

A palabra chámase ela

Temos unha nova exposición no Recuncho da biblioteca. “A palabra chámase ela” fai un percorrido pola novela gráfica escrita por mulleres, que moitas veces pasa desapercibida para o gran público. Facemos un repaso polas principais autoras de cómic españolas e internacionais que temos na biblioteca, coa intención de visibilizar a autoría feminina. Temos novela gráfica … More A palabra chámase ela

Nova expo no Recuncho: smoothies

Como chega o verán e os calores veraniegos, organizamos unha nova exposición no Recuncho da biblioteca centrada en batidos e zumes verdes, os coñecidos popularmente como smoothies. Refrescantes e sans, esta moda alimentaria que xa ten longo recorrido gaña cada día máis adeptos. Para que non os coñeza, os smoothies son bebidas non alcohólicas cunha … More Nova expo no Recuncho: smoothies

Exposición no Recuncho: Cociñar sen glute

Inauguramos exposición no Recuncho da biblioteca: “Cociñar sen glute”. Trátase dunha selección bibliográfica de obras relacionadas coa celiaquía e a cociña sen glute, que escollemos en colaboración con  ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia), ademais dunha selección de produtos alimenticios para celiacos. Todo elo dentro do programa “Cociñar sen glute”, que desenvolvemos xuntocon ACEGA. Trátase dun … More Exposición no Recuncho: Cociñar sen glute

Proxecto “Cociñar sen glute”

Dende a Biblioteca do Porriño, en colaboración con ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia), poñemos en marcha o programa “Cociñar sen glute“. Trátase dun proxecto baseado en tres actividades distintas: un obradoiro familiar de cociña sen glute, unha exposición bibliográfica sobre enfermidade celíaca e cociña sen glute, e unha guía de lectura sobre o mesmo … More Proxecto “Cociñar sen glute”