O bibliotecario recomenda

Os nenos da varíola, María Solar (Galaxia, 2017) Recomendo esta novela da compostelán María Solar por varias razóns. A primeira: trátase dunha novela histórica moi entretida ambientada en Galicia. A segunda: expóñenos un dilema ético con moita chicha, que dará bastante para debater cos vosos achegados. E terceira: introdúcenos na historia médica das vacinas, un … More O bibliotecario recomenda

25N: libros para educar a nenas empoderadas

Hoxe celebramos o 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. E desde a Biblioteca do Porriño queremos facelo como sempre: con libros. Porque a lectura pode ser unha das mellores armas contra esta lacra social, propoñemos un repertorio de libros infantís que contribúen a crear unha sociedade máis igualitaria. Moitos deles … More 25N: libros para educar a nenas empoderadas

O bibliotecario recomenda

Corazón giratorio, de Donal Ryan (Sajalín Editores, 2019) Unha novela entretida, maxistralmente zurcida, cunha enorme carga de ironía negra e cuns personaxes estupendamente trazados. “Corazón giratorio” é unha historia composta a través de diferentes historias. Personaxes golpeados polo estalido da burbulla inmobiliaria nun pequeno pobo irlandés. Desemprego, desesperación e urbanizacións pantasmas. O asasinato de Frank … More O bibliotecario recomenda

Libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”

Xa está dispoñible na biblioteca, e á venda nas librarías, o libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural“, escrito polo historiador porriñés Xosé Ramón Paz Antón. Trátase dunha obra fundamental sobre o noso concello, un compendio da súa historia e do seu patrimonio que resultaba moi necesaria e que o autor levou a cabo de … More Libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”