Recursos web: “Orella Pendella”

Páxina web para difundir a literatura popular infantil de Galicia e que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. Atoparás multitude de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos. … More Recursos web: “Orella Pendella”

Unha vella fotografía e unha adiviña

  Hoxe vos traemos un interesante documento gráfico e unha adiviña. O documento gráfico é unha antiga fotografía do noso concello, tirada entre os anos 1929 e 1936. Localizámola en Europeana, a biblioteca dixital europea. O autor foi Otto Wunderlich (Stuttgart, 1886-Madrid, 1975), un fotógrafo alemán que se dedicaba a viaxar por toda España tomando … More Unha vella fotografía e unha adiviña

Os nomes das rúas do Porriño: investigación do IES Pino Manso

Hoxe compartimos convosco un interesante documento, froito dunha investigación que hai anos se realizou no IES porriñés Pino Manso e que agora volven a reeditar polo seu 50 aniversario, e a publicar en aberto a través da súa web. Trátase de “Os nomes das rúas do Porriño” (PDF 5Mb), un elaborado estudio toponímico sobre diversas … More Os nomes das rúas do Porriño: investigación do IES Pino Manso

Almanaque Agrícola ZZ, unha investigación

¿Sabías que no Porriño segue a editarse unha das publicacións máis antigas de Galicia, con 64 anos de historia? ¿Sabías que durante o franquismo foi unha publicación que conseguiu sortear a censura publicando en galego e cunha ideoloxía galeguista? ¿Sabías que nela colaboraron grandes persoeiros da cultura e das artes galegas? ¿Sabías que foi coñecida … More Almanaque Agrícola ZZ, unha investigación

Antonio Palacios na Biblioteca do Porriño

Antonio Palacios Ramilo (O Porriño 1874-Madrid 1945) foi un dos mellores arquitectos españois do cambio de século e primeiras décadas do XX, soamente comparable a  unha figura da talla de Antonio Gaudí. Porriñés de nacemento e madrileño de adopción, pasará a historia como o construtor dos grandes edificios de Madrid como o Palacio de Comunicacións, o … More Antonio Palacios na Biblioteca do Porriño

Pickingideas: unha app para as ideas inspiradoras

Pickingideas (“Grandes ideas. Pequeno formato”) é unha interesante aplicación española para smartphones Android, moi útil para os amantes da lectura. Permite capturar, gardar e compartir de forma rápida e simple aquelas ideas ou fragmentos de texto que nos resulten útiles mentres estamos lendo. Porque todos coñecemos eses momentos que xorden na lectura, nos que unha … More Pickingideas: unha app para as ideas inspiradoras

Coñeces Wattpad?: rede social para escritores e lectores

Entre as diferentes redes sociais de lectura ás que podedes acceder na actualidade destaca Wattpad, unha enorme plataforma que reúne a día de hoxe máis de 35 millóns de usuarios en todo o mundo, un millón deles en España. Trátase dunha comunidade de escritores e lectores en liña, con grandes servizos e posibilidades para uns … More Coñeces Wattpad?: rede social para escritores e lectores