Estudos arqueolóxicos sobre As Gándaras

Aproveitando que estes días estamos moi emocionados cos resultados nas escavacións no Faro de Budiño, compartimos con vós un documento extraordinario do que, sen dúbida, trátase do sitio arqueolóxico máis importante do Porriño, e se cadra tamén de Galicia. Como non, falamos do depósito das Gándaras de Budiño. Trátase da publicación “El yacimiento achelense de … More Estudos arqueolóxicos sobre As Gándaras

Roteiro polos barrios de San Benito e San Sebastián

Este ano celebramos o Día do Libro cunha nova xornada de “O noso patrimonio“, na que coñeceremos un pouco máis e visitaremos os populares barrios porriñeses de San Benito e San Sebastián. Dous barrios históricos da nosa vila que aínda conservan un ambiente de veciñanza, dous barrios que foron o xerme do Porriño como núcleo … More Roteiro polos barrios de San Benito e San Sebastián

Presentación do libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”

  Este xoves 18 de xaneiro, ás 20:00 horas, no auditorio do Centro Cultural Municipal, presentarase “O Porriño: historia & patrimonio cultural“, o novo libro do historiador porriñés Xosé Ramón Paz Antón, con fotografías de Xulio Gil (Engaiolarte, 2017). Recordamos que hai uns días publicamos un post nesta páxina falando amplamente sobre este interesante libro da … More Presentación do libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”

Libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”

Xa está dispoñible na biblioteca, e á venda nas librarías, o libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural“, escrito polo historiador porriñés Xosé Ramón Paz Antón. Trátase dunha obra fundamental sobre o noso concello, un compendio da súa historia e do seu patrimonio que resultaba moi necesaria e que o autor levou a cabo de … More Libro “O Porriño: historia & patrimonio cultural”

Unha vella fotografía e unha adiviña

  Hoxe vos traemos un interesante documento gráfico e unha adiviña. O documento gráfico é unha antiga fotografía do noso concello, tirada entre os anos 1929 e 1936. Localizámola en Europeana, a biblioteca dixital europea. O autor foi Otto Wunderlich (Stuttgart, 1886-Madrid, 1975), un fotógrafo alemán que se dedicaba a viaxar por toda España tomando … More Unha vella fotografía e unha adiviña

O libro sobre o mosteiro de Budiño

Hoxe difundimos un interesante libro que podedes atopar na nosa biblioteca, e que pertence á Sección Local. Trátase de “O Mosteiro de San Salvador de Budiño e a Terra de Toroño“, obra publicada por Julio Ignacio González Montañés en 2011, e editada polo Instituto de Estudos Vigueses na Colección “Vigo na Memoria”. Moitos de nós … More O libro sobre o mosteiro de Budiño

Folleto das Festas do Cristo (1968)

Hoxe traémosvos un interesante documento da nosa historia local. Xa que estamos cerca das nosas festas patronais, as Festas do Cristo, e os folletos da programación están saíndo ás rúas porriñesas, rescatamos da nosa sección local un folleto das Festas do Cristo do ano 1968 que escaneamos e publicamos en dominio público en Scribd. A … More Folleto das Festas do Cristo (1968)

Postal do Porriño (1929-35)

Hoxe vos traemos a imaxe* dunha interesante postal turística do Porriño, datada entre os anos 1925-1935 e conservada no CSIC. Elaborada polo fotógrafo Ksado, formaba parte da súa serie “Visite Galicia”, unha colección de viñetas editada durante os anos trinta do século XX e complementaria doutras súas como “Estampas compostelanas” ou “Estampas de Galicia”. Engadimos ademais … More Postal do Porriño (1929-35)