Libros sobre o Sáhara

Este mes de abril a Concellería de Cultura organiza a exposición “Textura dunha guerra invisible”, da artista multidisciplinar Galia Baba Chamad, no Centro Cultural do Porriño. Coincidindo co evento, aproveitamos para facer unha selección de libros sobre o Sáhara: libros infantís, narrativa e libros de divulgación sobre o conflito saharauí e desa fermosa e moitas … More Libros sobre o Sáhara

Selección: Lecturas inclusivas

Propoñemos unha interesante selección de lecturas inclusivas para crianzas. Trátase de libros con historias de nenos e nenas con capacidades múltiples ou que por algunha razón son diferentes á maioría. A literatura infantil tamén conforma un espazo de representación social. Como moitos discursos culturais, as súas formas de construír as realidades apóianse nas ideoloxías dominantes. … More Selección: Lecturas inclusivas

Contos para o Nadal

Chega o Nadal (e as vacacións escolares do Nadal), e que mellor que celebralo con boas lecturas. Desde a biblioteca ofrecémosche  unha variada selección de contos con temática de Nadal que poderás atopar na biblioteca do Porriño. Consulta a nosa selección de contos de Nadal no seguinte enlace.  

25N: libros para educar a nenas empoderadas

Hoxe celebramos o 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. E desde a Biblioteca do Porriño queremos facelo como sempre: con libros. Porque a lectura pode ser unha das mellores armas contra esta lacra social, propoñemos un repertorio de libros infantís que contribúen a crear unha sociedade máis igualitaria. Moitos deles … More 25N: libros para educar a nenas empoderadas

Sección Amazon “Outras persoas tamén viron”

A semana pasada enterámonos de que Amazon vai a abrir un centro loxístico no Porriño. E como nos gusta a competencia san, acabamos de crear na biblio un novo centro de interese que rivalice coa coñecida sección de Amazon Books “Los clientes que compraron este producto también compraron“. Máis alá da gracia, desde a biblioteca … More Sección Amazon “Outras persoas tamén viron”

Selección: destacados do 2018

Seleccionamos para vós as novelas máis destacadas do ano 2018. Sabemos que as nosas usuarias e usuarios agradecen as seleccións de novelas que facemos periodicamente, para recomendarlles obras destacadas, seleccionadas entre  os milleiros de libros que forman a nosa colección. De feito, a sección de novidades xunto coas seleccións que facemos, rexistran o maior número … More Selección: destacados do 2018