Biblioteatro: Tanxarina Títeres

O próximo xoves 27 de decembro, ás 18:00 horas, temos a última actuación dentro do noso ciclo Biblioteatro de 2018. Trátase de “Contaloucos” da compañía Tanxarina Títeres. Como sempre, será de entrada libre ata completar aforo. A idade recomendada da obra é a partir dos 7 anos. “Contaloucos” é un espectáculo tolo, tres tolos titiriteiros … More Biblioteatro: Tanxarina Títeres

Biblioteatro: “Pequena”, de Talía

Nova actuación dentro do programa de animación á lectura de Biblioteatro. O próximo xoves 29 de novembro, ás 18:00 horas, no auditorio da biblioteca actuará a compañía Talía Teatro, coa función “Pequena”. Un espectáculo para descubrir o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden chegar a ser as grandes cousas, que casi … More Biblioteatro: “Pequena”, de Talía

Biblioteatro: “Contos nas orellas”, de Migallas Teatro

Este xoves 27 de setembro, ás 18:00 horas, volvemos cunha nova edición de Biblioteatro, a nosa programación de teatro infantil na biblioteca do Porriño. Nesta ocasión acompañaranos a compañía Migallas Teatro coa súa obra “Contos nas orellas“. Contos de risa, trasnos e carapuchiñas perfectos para os días de festa. A tradición oral da man da … More Biblioteatro: “Contos nas orellas”, de Migallas Teatro

Biblioteatro: Muiñada, de Galeatro

Este xoves vai chover. ¡Pero temos sorte porque hai unha nova actuación teatral na biblioteca! Trátase de “Muiñada”, da compañía Galeatro, que estarán connosco este xoves 31 de maio ás 18:00 horas no auditorio, dentro do ciclo Biblioteatro. Muiñada conta a historia de Sabela e Xacobe, que por un malentendido coa quenda se coinciden no muíño de … More Biblioteatro: Muiñada, de Galeatro

Teatro infantil con “Tío miseria”

Este xoves 26 de abril levaremos a cabo a terceira sesión do noso ciclo de teatro infantil. Nesta ocasión tócalle o turno a “Tio miseria” de Fantoches Baj. Tío Miseria é un espectáculo de monicreques de luva e variña, onde os personaxes son utensilios de cociña de uso cotián. A historia, creada a partir dos contos populares O Ferreiro … More Teatro infantil con “Tío miseria”

Teatro infantil: Pavillón Lino

Este xoves 22 de marzo levaremos a cabo a segunda sesión do noso ciclo de teatro infantil. Despois da actuación de Laranxus 7, da compañía Avento, o pasado febreiro, agora tócalle o turno á obra “Pavillón Lino”, da compañía de teatro Caramuxo. “Pavillón Lino” é unha trepidante comedia de variedades pola que desfilarán unha morea de pintorescos personaxes: … More Teatro infantil: Pavillón Lino

Biblioteatro: animación á lectura 2018

¡Presentamos a relación de actividades de animación á lectura para 2018! Este ano cambiaremos o formato, e propoñemos un gran espectáculo de animación á lectura para cada mes, levado a cabo por distintas compañías de teatro e títeres profesionais de Galicia, con obras relacionadas cos libros, a lectura e os contos. Pensamos que será do … More Biblioteatro: animación á lectura 2018