Avisos

Aviso legal
Política de privacidade
Normas de uso

.

.

AVISO LEGAL-CONDICIÓNS XERAIS DE USO

  1. DATOS IDENTIFICATIVOS

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, a continuación se reflicten os seguintes datos: a entidade titular do dominio web é a Biblioteca Municipal do Concello do Porriño, con domicilio a estes efectos en R/ Antonio Palacios 1, O Porriño (Pontevedra) e número de CIF: P-3603900-F. Correo electrónico de contacto do sitio web: biblioteca@oporrino.org

  1. USUARIOS

O acceso e/ou uso deste portal da Biblioteca do Porriño atribúe a condición de USUARIO, que acepta, dende dito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas. As citadas Condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.

  1. USO DO PORTAL

bibliotecadoporrino.com proporciona o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en adiante “os contidos”) en Internet pertencentes á Biblioteca do Porriño ou aos seus licenciantes aos que o USUARIO poida ter acceso. O USUARIO asume a responsabilidade do uso do portal. Dita responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos.

En dito rexistro o USUARIO será responsable de aportar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, ao USUARIO se lle pode proporcionar unha contrasinal da que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial da mesma. O USUARIO comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos (como por exemplo servizos de chat, comentarios ou foros de discusión) que a Biblioteca do Porriño ofrece a través do seu portal e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe é á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos da Biblioteca do Porriño, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico que sexa susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes. A Biblioteca do Porriño resérvase o dereito a eliminar todos aqueles comentarios ou aportacións que ao seu xuízo non resulten adecuados. En calquera caso, a Biblioteca do Porriño non será responsable das opinións verquidas polos usuarios a través de foros, chats, redes sociais ou outros ferramentas de participación.

  1. PROTECCIÓN DE DATOS

A Biblioteca do Porriño cumpre coas directrices da Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica e demais normativa vixente en cada momento, e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais do usuario. Para elo, xunto con cada formulario de recollida de datos de carácter persoal, nos servizos que o usuario poda solicitar a biblioteca@oporrino.org, fará saber ao usuario da existencia e aceptación das condicións particulares do tratamento dos seus datos en cada caso, informándolle da responsabilidade do ficheiro creado, a dirección do responsable, a posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, a finalidade do tratamento e as comunicacións de datos a terceiros no seu caso.

Así mesmo, a Biblioteca do Porriño informa que da cumprimento á Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico e lle solicitará o seu consentimento ao tratamento do seu correo electrónico.

  1. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

A Biblioteca do Porriño por si ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos na mesma (imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, etc.) titularidade da Biblioteca do Porriño ou ben dos seus licenciantes.

Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fines comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización da Biblioteca do Porriño. O usuario comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade da Biblioteca do Porriño. Poderá visualizar os elementos do portal e incluso imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. O USUARIO deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivera instalado nas páxinas da Biblioteca do Porriño.

  1. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

A Biblioteca do Porriño non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

  1. MODIFICACIÓNS

A Biblioteca do Porriño resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu portal, puidendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal.

  1. ENLACES

No caso de que en bibliotecadoporrino.com se dispuxeran enlaces ou hipervínculos cara outros sitios de Internet, a Biblioteca do Porriño non exercerá ningún tipo de control sobre ditos sitios ou contidos. En ningún caso a Biblioteca do Porriño asumirá responsabilidade algunha polos contidos dalgún enlace pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún de ditos hipervínculos ou outros sitios de Internet.

Igualmente a inclusión destas conexións internas non suporá ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

  1. DEREITO DE EXCLUSIÓN

A Biblioteca do Porriño resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao portal e/ou os servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.

  1. XENERALIDADES

A Biblioteca do Concello do Porriño perseguirá o incumprimento das presentes condicións así como calquera uso indebido do seu portal exercendo todas as accións civís e penais que lle podan corresponder en dereito.

  1. MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN

A Biblioteca do Porriño poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas. Ata ser publicadas, permanecerán vixentes as condicións expostas.

  1. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

A relación entre a Biblioteca do Porriño e o USUARIO rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e tribunais do Porriño.

.

.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

  1. POLÍTICA DE PRIVACIDADE

A Biblioteca do Porriño informa aos usuarios do sitio web sobre a súa política respecto do tratamento e protección de datos de carácter persoal dos usuarios que poidan ser recabados pola navegación ou contratación de servizos a través do seu sitio web.
Neste sentido, a Biblioteca do Porriño garante o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, reflectida na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Desenvolvemento da LOPD.
O uso desta web supón a aceptación desta política de privacidade.

  1. RECOLLIDA, FINALIDADE E TRATAMENTO DE DATOS

A Biblioteca do Porriño ten o deber de informar aos usuarios do seu sitio web da recollida de datos de carácter persoal que poidan levarse a cabo, ben sexa mediante o envío de correo electrónico ou ao cumprimentar os formularios incluídos no sitio web ou nas súas instalacións físicas. Neste sentido, a Biblioteca do Porriño será considerada como responsable  dos datos recolleitados mediante os medios anteriormente descritos.
Á súa vez, a Biblioteca do Porriño informa aos usuarios de que a finalidade do tratamento dos datos recolleitados contempla: a atención de solicitudes realizadas polos usuarios, a resposta a comentarios realizados polos usuarios e a prestación de servizos.
As operacións, xestións e procedementos técnicos que se realicen de xeito automatizado ou non automatizado e que posibiliten a recollida, o almacenamento, a modificación, a transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal serán incorporados nos ficheiros declarados ante a Axencia de Protección de Datos pola Biblioteca do Porriño.

  1. COMUNICACIÓN DE INFORMACIÓN A TERCEIROS

A Biblioteca do Porriño informa aos usuarios de que os seus datos persoais non serán cedidos a terceiras organizacións, coa excepción de que dita cesión de datos estea amparada nunha obriga legal ou cando a prestación dun servizo supoña a necesidade dunha relación contractual cun encargado de tratamento. Neste último caso, soamente se levará a cabo a cesión de datos a un terceiro cando a Biblioteca do Porriño dispoña do consentimento expreso do usuario.

  1. DEREITOS DOS USUARIOS

A Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal concede aos interesados a posibilidade de exercer unha serie de dereitos relacionados co tratamento dos seus datos persoais.
No caso de que os datos do usuario sexan obxecto de tratamento por parte da Biblioteca do Porriño, os usuarios poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de acordo co previsto na normativa legal vixente en materia de protección de datos persoais.
Para facer uso do exercicio destes dereitos, o usuario deberá dirixirse mediante comunicación escrita, aportando documentación que acredite a súa identidade (DNI ou pasaporte), á seguinte dirección: Biblioteca Municipal do Porriño, R/ Domingo Bueno, 9. 36400, O Porriño, Pontevedra, ou á dirección substitutiva no Rexistro Xeral de Protección de Datos. Dita comunicación deberá reflectir a seguinte información: nome e apelidos do usuario, a petición de solicitude, o domicilio e os datos acreditativos.
O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo propio usuario. Sen embargo, poderán ser executados po unha persoa autorizada como representante legal do autorizado. En tal caso, deberase aportar a documentación que acredite esta representación do interesado.

.

.

NORMAS DE USO

  1. A finalidade da páxina bibliotecadoporrino.com e dos seus perfís asociados nas redes sociais teñen por obxecto informar sobre o servizo da Biblioteca do Porriño e favorecer o debate transparente e construtivo sobre o mundo do libro e a lectura, sempre dende o respecto cara o resto dos usuarios.
  2. Os nosos perfís nas diferentes redes sociais poden constituír espazos para intercambio de opinións ou para o debate construtivo, pero non son espazos para crear polémicas, descalificar a outros usuarios ou a terceiros.
  3. Tampouco son os espazos axeitados para presentar queixas e reclamacións que deben canalizarse a través das vías específicas que o Concello do Porriño ten establecidas para esa finalidade (por escrito no Rexistro de entrada).
  4. Lembra que este é un foro público. Polo feito de agregar calquera dato, comentario ou información, asumes que poderá ser visto polos restantes usuarios.
  5. Pedímoste que fales en primeira persoa e que trates de aportar valor nos teus comentarios, facilitando informacións e perspectivas contrastadas. Recorda que es responsable das túas aportacións e das eventuais consecuencias na túa imaxe e reputación. Se tes dúbidas, mellor non fagas unha contribución.
  6. Non publiques material publicitario nin fagas uso dos nosos perfís para lucrarte ou facer negocio, nin compares ou valores produtos ou servizos das empresas. Tampouco son foros para promocionarte, promocionar as túas obras ou buscar emprego.
  7. A túa contribución debe presentar datos reais, concretos e argumentación consistente. Permítense citas ou a reprodución de pequenos fragmentos de textos, libros ou obras en xeral de terceiros, sempre e cando se indique a fonte e o nome do autor. Se realizas unha contribución propia (texto, fotografías, gráficos, vídeos ou audios) informámoste que outorgas á Biblioteca do Porriño autorización para reproducila en calquera medio físico ou virtual onde indicaremos o teu nome como autor, todo elo sen prexuízo de que outros usuarios tamén poderían gardalos ou reproducilos.
  8. Para conservar o bo uso da páxina bibliotecadoporrino.com e dos perfís asociados nas redes sociais, reservámonos o dereito a eliminar, sen dereito a réplica, calquera aportación ou comentario que:
    – Se considere ilegal, irrespectuoso, ameazante, infundado, calumnioso, inaxeitado, ética ou socialmente discriminatorio ou que poda ocasionar dalgunha forma, danos ou prexuízos morais á Biblioteca do Porriño, aos seus empregados, colaboradores ou terceiros.
    – Teña unha finalidade ou contido única e expresamente político.
    – Non está relacionado coa finalidade da páxina e perfís asociados nas redes sociais anteriormente expresados.