Catálogo

O catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia está formado polos fondos físicos das bibliotecas integrantes da Rede. Nel poderás consultar que bibliotecas teñen un exemplar, os exemplares que ten cada biblioteca (introducindo o seu nome no campo de busca correspondente) e a súa dispoñibilidade.

O catálogo ofrece a posibilidade de realizar unha busca avanzada, permitindo localizar documentos en toda a rede ou limitar os resultados a unha biblioteca concreta. Tamén acoutalos segundo diversos parámetros (palabra clave, título, autor, materia, tipo de material, lingua…). Ademais, unha vez realizada a busca, os resultados poden filtrarse por xénero, idioma, lugares, materias…

* O catálogo é o medio preferente para buscar exemplares. Tamén podes pedirnos que o busquemos desde o mostrador na biblioteca. Sen embargo, non facemos buscas a través de teléfono ou email.

* Para buscar exemplares das nosas coleccións dixitais (GaliciaLe, eFilm…) tes que usar o buscador respectivo.

* A través do catálogo tamén podes acceder á túa conta persoal, con múltiples funcionalidades.