Metrominuto

Vinculado ao proxecto “Aparca ben e leva un libro”, creamos tamén o METROminuto. Trátase dun plano de mobilidade a pé no centro do Porriño que mide as distancias entre puntos destacados do rueiro urbano, e o tempo medio que tardamos en desprazarnos a pé entre eles. Co METROminuto pretendemos impulsar a mobilidade peonil fronte a motorizada para pequenos traxectos do noso medio urbano, promovendo a actividade física e as costumes non sedentarias.

O METROminuto actúa, ademais, como unha ferramenta que axuda a difundir outras mensaxes transversais, como as relacionadas coa saúde propia, a protección do medio ambiente, a prevención do cambio climático ou a mellora do noso entorno vivencial. Todo elo a través dun medio simpático e amistoso, que busca o paralelismo cos planos de metro das grandes cidades.

O METROminuto mide as distancias entre puntos destacados do rueiro urbano, e o tempo medio que tardamos en desprazarnos a pé entre eles (nunha media de 5 km/h). Tamén funciona como plano, indicando a localización de lugares, servizos e outra información de mobilidade.

Para que sirve?

-Ao informar sobre as distancias e os tempos de desprazamento a pé, se desmitifica a idea que habitualmente temos sobre canto se tarda en chegar dun punto a outro. Sempre se tarda menos do que pensamos.

-Así, impúlsase a mobilidade peonil, contribuíndo a que a xente camiñe máis nos pequenos traxectos do medio urbano, substituíndo o desprazamento motorizado polo desprazamento a pé.

-Ao fomentar os desprazamentos a pé, promóvese a actividade física e as costumes non sedentarias.

-Deste xeito, o Metrominuto actúa como unha ferramenta que contribúe a difundir outras mensaxes transversais, como as relacionadas coa saúde propia, a protección do medio ambiente, a prevención do cambio climático ou a mellora do noso entorno vivencial.

-Todo elo a través dun medio simpático e amistoso, buscando o paralelismo cos planos de metro das grandes cidades.

Descarga o METROminuto do Porriño

Metrominuto