Usa a túa conta

A través do catálogo online da biblioteca tes unha conta persoal con varios servizos dispoñibles. Accede co teu número de persoa usuaria da biblioteca e contrasinal:

  • O nº de persoa usuaria é o que aparece na túa tarxeta (normalmente coindice co DNI sen letra, ou empeza por RBG )
  • O contrasinal chegoute no seu día por email. Se non o sabes podes restablecelo premendo neste enlace e seguindo o procedemento indicado. Unha vez dentro, poderás cambialo.

É importante que a persoa teña o seu email actualizado na súa conta de usuario.

Na túa conta poderás:

  • Informarte dos teus préstamos en activo, dos prazos de préstamo e as datas de vencemento.
  • Renovar directamente os teus préstamos
  • Realizar reservas
  • Realizar suxestións de compra
  • Crear as túas propias listas de libros (tipo “libros pendentes para ler”)
  • Acceder ao teu historial de lectura (libros e datas dos teus préstamos pasados)
  • Informarte das túas posibles sancións
  • Acceder ao teu historial de buscas
  • Modificar os teus datos persoais e o teu contrasinal
  • Etiquetar e comentar os libros do catálogo da biblioteca

SUXESTIÓNS DE COMPRA

As persoas usuarias poden facer suxestións de compra a través do procedemento que se indica a continuación. As suxestións ou desideratas son opinións das persoas usuarias que a biblioteca terá en conta e valorará sempre baixo criterios bibliográficos, sen compromiso de compra nin necesidade de xustificación máis alá do oportuno.

As condicións para facer unha suxestión de compra son:

  • A suxestión será realizada obrigatoriamente por internet, a través da conta persoal do usuario. Non se atenderán as emitidas por ningunha outra canle. A biblioteca actualizará o estado da mesma a través do email que a persoa proporciona na súa conta de usuario, polo que é importante que estea actualizado.
  • Soamente se atenderán as suxestións das persoas adscritas á biblioteca do Porriño.
  • O máximo de suxestións aceptadas é de 3 exemplares anuais por persoa usuaria.
  • Non se atenderán suxestións de compras de coleccións ou series de libros.

A biblioteca responderá ás suxestións debidamente realizadas coa maior brevidade posible, indicando se están “En estudo” ou se foron “Aceptadas” ou “Canceladas”.

Serán “Canceladas” cando incumpran algunha das condicións anteriores, ou cando a biblioteca considere que non se axusten áos seus criterios presupuestarios, non teñan dispoñibilidade comercial (agotadas, descatalogadas, imposibles de servir pola distribuidora…) ou non respondan ao interese xeral da súa colección (temática demasiada especializada para a nosa colección, sobre representada, pouco demandada, propagandística…). A biblioteca non terá que xustificarse máis alá destes termos.

Serán “Aceptadas” cando a biblioteca considere que a súa compra é oportuna. Cando a obra suxerida xa estea na biblioteca a persoa será avisada de que a obra está “Dispoñible”, e quedaralle reservada durante cinco días hábiles, máis alá dos cales pasará a dispoñibilidade xeral. No caso de que obra pedida non poida ser finalmente servida por estar agotada, descatalogada, imposible de proporcionar pola distribuidora (autoedición, fora do circuito comercial habitual…) a suxestión será “Cancelada”.

Todas as comunicacións da biblioteca serán vía email, polo que é importante que a persoa teña unha dirección de email válida na súa conta de usuario.