
Busca
Si estar a buscar un exemplar podes facelo no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia, escollendo a nosa biblioteca (recomendamos facer a busca despois de acceder á túa conta persoal).
O catálogo ofrece diferentes opcións de busca (simple e avanzada) e permite localizar documentos en toda a rede ou limitar os resultados a unha biblioteca concreta acoutando a busca a través de diversos datos (palabra clave, título, autor, materia, tipo de material, lingua,…). Ademais, unha vez realizada a busca, os resultados poden filtrarse por xénero, idioma, lugares, materias,…
Non se atenden consultas no catálogo a través de teléfono nin de correo electrónico.
E recorda que tamén tes á túa disposición o catálogo da colección dixital como alternativa ou si prefires este tipo de formato.
Préstamo
Podes levar a casa exemplares da biblioteca. As condicións de préstamo son as seguintes:
- Libros: máximo 5 exemplares por prazo de 21 días, coa posibilidade dunha renovación.
- DVD: máximo 2 exemplares por prazo de 7 días, coa posibilidade dunha renovación.
Pero ademais, en toda a rede de bibliotecas poderías levarte ata un máximo de 20 exemplares.
Para levar en préstamo, simplemente escolle aqueles libros ou películas que che interesen e preséntaos no mostrador da biblioteca xunto co teu carné de socio.
No caso de que te pases na data de devolución, serás automaticamente sancionado: 1 día de suspensión por cada día de atraso e exemplar. A suspensión supón non poder levar en préstamo, renovar nin reservar en toda a rede de bibliotecas.
Renovación
No caso de que os necesites máis tempo, podes renovar os teus exemplares. As renovacións poden ser:
- A través da túa conta persoal (vídeo formativo).
- De forma presencial
- Por teléfono (986 337 624)
Poderás efectuar as túas renovacións dende 5 días despois do préstamo ata o día de vencemento. Non poderás renovar si o exemplar está reservado por outra persoa. Tampouco si estás sancionado ou tes préstamos fóra de prazo.
Soamente se pode renovar unha vez, pero podes devolvelo na biblioteca e volver a levalo en préstamo si non está reservado por outra persoa.
Reserva
Podes reservar un exemplar no caso de que estea prestado a outra persoa nese momento. É dicir: cando un libro esté dispoñible na biblioeca non pode ser reservardo.
Cando a reserva que dixeches estea dispoñible chegarate un aviso por email: este servizo de aviso é automático e exclusivamente telemático, polo que debes ter na túa conta de usuario unha dirección persoal de email válida.
Podes facer as reservas a través da túa conta persoal ou de forma presencial.
Poderás reservar un máximo de 3 libros e 2 DVD ao mesmo tempo. E unha vez que estean dispoñibles disporás de 5 días para pasar a recollelos pola biblioteca.
Suxestións de compra
Agradecemos que as persoas usuarias colaboren formando unha colección máis útil para a biblioteca: si che interesa algún libro que non temos e que podería ser útil para a comunidade, tes a opción de facer unha suxestión de compra a través da túa conta.
Pero que fagas unha suxestión non quere dicir que o exemplar finalmente se compre: a suxestión deber ser primeiro aceptada a trámite e logo aceptada, baixo certas condicións e segundo criterios bibliográficos. As suxestións de compra soamente serán tramitadas:
- Si a persona usuaria esta adscrita á biblioteca do Porriño
- Si non superou o límite máximo de 4 suxestións aceptadas por ano
No caso de que a suxestión se tramite, posteriormente pode non ser aceptada (obras que non se axustan á colección, obras de temática moi específica, exemplares moi caros, obras descatalogadas, non publicadas, imposibles de servir…): a biblioteca non terá que xustificarse en ningún caso.
No caso de ser tramitada e aceptada serás avisado/a en canto o libro estea dispoñible na biblioteca para que o podas levar en préstamo: este servizo de aviso é automático e exclusivamente telemático, polo que debes ter na túa conta de usuario unha dirección persoal de email válida.