Colección física

Busca

Si estar a buscar un exemplar podes facelo no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia, escollendo a nosa biblioteca (recomendamos facer a busca despois de acceder á túa conta persoal).

O catálogo ofrece diferentes opcións de busca (simple e avanzada) e permite localizar documentos en toda a rede ou limitar os resultados a unha biblioteca concreta acoutando a busca a través de diversos datos (palabra clave, título, autor, materia, tipo de material, lingua,…). Ademais, unha vez realizada a busca, os resultados poden filtrarse por xénero, idioma, lugares, materias,…

Non se atenden consultas no catálogo a través de teléfono nin de correo electrónico.

E recorda que tamén tes á túa disposición o catálogo da colección dixital como alternativa ou si prefires este tipo de formato.

Préstamo

Podes levar a casa exemplares da biblioteca. As condicións de préstamo son as seguintes:

  • Libros: máximo 5 exemplares por prazo de 21 días, coa posibilidade dunha renovación.
  • DVD: máximo 2 exemplares por prazo de 7 días, coa posibilidade dunha renovación.

Pero ademais, en toda a rede de bibliotecas poderías levarte ata un máximo de 20 exemplares.

Para levar en préstamo, simplemente escolle aqueles libros ou películas que che interesen e preséntaos no mostrador da biblioteca xunto co teu carné de socio.

No caso de que te pases na data de devolución, serás automaticamente sancionado: 1 día de suspensión por cada día de atraso e exemplar. A suspensión supón non poder levar en préstamo, renovar nin reservar en toda a rede de bibliotecas.

Renovación

No caso de que os necesites máis tempo, podes renovar os teus exemplares. As renovacións poden ser:

Poderás efectuar as túas renovacións dende 5 días despois do préstamo ata o día de vencemento. Non poderás renovar si o exemplar está reservado por outra persoa. Tampouco si estás sancionado ou tes préstamos fóra de prazo.

Soamente se pode renovar unha vez, pero podes devolvelo na biblioteca e volver a levalo en préstamo si non está reservado por outra persoa.

Reserva

Podes reservar un exemplar no caso de que estea prestado a outra persoa nese momento. É dicir, cando un libro esté dispoñible na biblioteca non pode ser reservado nin “apartado”.

Cando a reserva que dixeches estea dispoñible chegarate un aviso por email: este servizo de aviso é automático e exclusivamente telemático, polo que debes ter na túa conta de usuario unha dirección persoal de email válida.

Podes facer as reservas a través da túa conta persoal ou de forma presencial.

Poderás reservar un máximo de 3 libros e 2 DVD ao mesmo tempo. E unha vez que estean dispoñibles disporás de 3 días hábiles para pasar a recollelos pola biblioteca.

Préstamo de portátiles

Tanto na biblioteca como na sala de estudo hai conexión de banda ancha a través de wifi, libre e pública. En ambos edificios atoparás cartaces coa indicación do nome da rede e contrasinal para conectarte.

Ademais, na biblioteca temos varios ordenadores portátiles e tabletas para préstamo segundo as seguintes normas de uso:

-Para facer uso deste servizo hai que ser maior de 18 anos e persoa socia da Rede de Bibliotecas de Galicia, presentando a correspondente tarxeta.

-Cada persoa poderá dispor dun ordenador por quenda durante un periodo de 4 horas (renovables en función da dispoñibilidade) durante o horario de apertura da biblioteca. Non está permitida a reserva de equipos.

-Os equipos deberán permanecer en todo momento dentro das salas da biblioteca e ser devoltos no mostrador ao persoal da biblioteca. Durante o préstamo a persoa será responsable da súa custodia e mantemento.

-A persoa usuaria é responsable de devolver o equipo nas mesmas condicións nas que o recibiu, sen instalar ningún software, eliminando todos os documentos creados ou descargados durante a súa sesión. A biblioteca poderá eliminar calquera arquivo existente despois de ser devolto.

-A persoa usuaria é responsable do uso correcto da súa conexión a internet, sen acceder a recursos de contido ilegal, pornográfico ou inaxeitado. O persoal da biblioteca poderá interromper o préstamo en calquera momento si considera que se está a facer un uso inapropiado do portátil ou da conexión.