Sala de estudo

A sala de estudo do Porriño é un moderno espazo de 207 metros cadrados e 80 postos, con iluminación individual, acondicionado para o estudo e a concentración, e con wifi aberta.

Está situada no centro da vila, na R/ Antonio Palacios 8, e abre todos os días, de luns a domingo, entre as 8.30 e as 22.00, con reforzos horarios en época de exames.

O acceso, libre e gratuíto, está controlado mediante unha porta automatizada cun lector de códigos de barra. Para entrar necesitas pasar por el o teu carné da biblioteca, pero antes debes vir á biblioteca para darte de alta no servizo.

Na dirección https://salalectura.oporrino.org/ podes consultar en tempo real a actividade da sala e o número de postos ocupados en tempo real.