Horario de Nadal

¡Aviso para navegantes! Durante as vacacións de Nadal nós continuaremos co horario normal da biblioteca: de luns a venres, de 08:30 a 20:30 en horario continuado. A biblioteca soamente pechará os días 24, 25, 31 de decembro, e 1 de xaneiro.

Horario de verán

Para a semana que ven comeza o horario de verán: estaremos abertos de luns a venres entre as 08:00 e as 20:00. É dicir, adiántase media hora tanto a apertura como o peche: total, estaremos abertos as mesmas horas. O horario de verán será de aplicación no 2018 entre o 18 de xuño e o … More Horario de verán

Retomamos o horario de verán

Despois de rematar algún dos traballos técnicos necesarios para a nosa integración na Rede de Bibliotecas-Koha, volvemos ao noso horario de verán, e abrimos de novo polas tardes. Recordamos que o noso horario de verán é de luns a venres de 08:00 a 20:00 horas, nas cales estaremos dispoñibles para servirvos.

Cambio de horario puntual

Recordade que entre o 7 de agosto e o 1 de setembro, ambos incluídos, cambiaremos o horario habitual. A biblioteca pechará polas tardes, pero estaremos abertos polas mañás entre as 08:00 e as 14:00. Trátase dunha modificación excepcional do noso horario, condicionado por necesidades técnicas. Os cambios conducentes a integrarnos na Rede de Bibliotecas-Koha, provocan … More Cambio de horario puntual

Grandes cambios: pasamos a Koha

A Biblioteca Municipal do Porriño foi unha das escollidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para integrarse na renovada Rede de Bibliotecas de Galicia baseada na plataforma Koha, un software libre de código aberto. Grazas aos novos cambios que se porán en marcha este verán, a biblioteca porriñesa poderá … More Grandes cambios: pasamos a Koha