Aproveitando que estes días estamos moi emocionados cos resultados nas escavacións no Faro de Budiño, compartimos con vós un documento extraordinario do que, sen dúbida, trátase do sitio arqueolóxico máis importante do Porriño, e se cadra tamén de Galicia. Como non, falamos do depósito das Gándaras de Budiño.
Trátase da publicación “El yacimiento achelense de As Gándaras de Budiño. La industria en facies fluviales“, un estudo de Eduardo Méndez Quintas, da Sección de Prehistoria do Instituto de Estudos Miñoranos. A investigación foi publicada no 2007 en “Complutum”, a revista de arqueoloxía e Prehistoria da Universidade Complutense de Madrid e podedes acceder a texto completo no enlace que aportamos máis abaixo.
Cabe especificar que o termo “achelense” se refire a un tipo tecnoloxía para a produción de ferramentas de pedra no Paleolítico, período no que se enmarcan os restos atopados nas nosas Gándaras. Nesta interesante investigación, o autor explica que o depósito das Gándaras é un dos achelenses máis coñecidos da Península Ibérica, aínda que non hai moitas publicacións recentes sobre el. O seu estudo investiga as ferramentas de pedra contidas nos depósitos fluviais que Julio Vidal Encías analizou nos anos 80.
Se cadra, se trata dun documento algo técnico, pero animamos a ler a súa introdución para aprender algo máis deste interesante sitio arqueolóxico, e compartimos con vós para que documentos tan interesantes sobre a nosa historia e o noso patrimonio non queden no esquecemento.
Enlace ao texto completo: http://revistas.ucm.es/index.php/CMPL/article/view/CMPL0707110027A/29331
Xa de paso, compartimos tamén o documento do mismo autor “La industria lítica de las facies coluviales del yacimiento achelense de As Gándaras de Budiño. El Locus V en las excavaciones de Vidal Encinas“, un estudo publicado na revista Zephyrus no 2008 que atopamos en Gredos, o repositorio documental da Universidade de Salamanca.