Apertura da sala de estudo do Concello do Porriño

calero1Web

APERTURA DA SALA DE ESTUDO  DO CONCELLO DO PORRIÑO

O vindeiro martes 9 deste mes, a Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira abre as portas da primeira sala de estudo do concello, situada nas instalacións do centro cívico na rúa Domingo Bueno 13.

Este novo espazo vén complementar á biblioteca municipal, coñecida polo seu labor e sentido de pertenza tanto de porriñesas e porriñeses, como da contorna.

Esta separación de espazos con funcións diferenciadas, dará solucións, tanto ás persoas que buscan un lugar para estudar comodamente e en silencio, e a biblioteca municipal recupera o seu espazo para implementar os servizos bibliotecarios a todas as persoas que queiran gozar do fondo bibliográfico, facendo deste goce un agradábel convite.

En definitiva, pretendemos converter a biblioteca nun lugar polivalente que non exclúa ningunha posibilidade, sendo máis atractiva, e con diversidade nos espazos”.

Esta nova experiencia abrirá as súas portas de 8:30 a 14:30 horas de luns a venres, e coas garantías de seguridade sanitaria polo COVID-19.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s