Toda a info sobre GaliciaLe

A biblioteca ofrece a súa colección dixital a través de GaliciaLe, plataforma de contidos dixitais da Rede de Bibliotecas de Galicia. Poderás atopar ebooks, revistas, audiolibros, películas, documentais, etc de temáticas diversas (ficción, informática, historia, ocio etc.), para todas as idades e coa posibilidade de acceso en streaming ou descarga. GaliciaLe ofrece unha colección de contidos en galego, e unha colección de contidos en castelán (eBiblio)

Para acceder a GaliciaLe utiliza a túa conta da biblioteca: número de persoa usuaria e contrasinal (si o esqueciches, preme neste enlace e segue o procedemento para restablecelo).

Tes toda a información sobre GaliciaLe no seguinte vídeo:

Busca

Os catálogos de GaliciaLe son independentes do catálogo da colección física da biblioteca. Para buscar un exemplar dixital tes dúas coleccións distintas en función do idioma:

Préstamo

Para poder acceder ao contido dun exemplar deberás tomalo en préstamo. Para iso deberás iniciar sesión na plataforma correspondente cos teus datos da biblioteca. Os préstamos de cada unha das coleccións (física, dixital en galego e dixital en castelán) son independentes entre si e poden ter condicións e prazos distintos.

Unha vez rematado o prazo de préstamo, o exemplar desaparece da túa conta, xa non terás acceso. Pero si queres levar outro en préstamo antes, terás que “Devolver” os teus préstamos activos.

Renovación

Na colección dixital non é posible a renovación de exemplares.

Reserva

Se o exemplar do teu interese está prestado, podes reservalo para lelo ou visionalo cando estea dispoñible. No momento en que a obra estea dispoñible e que che corresponda por orde de petición, recibirás unha mensaxe de correo electrónico. Dispós de 48 horas para realizar o préstamo desde a recepción da mensaxe. O número máximo de reservas son

App eBiblio

Tamén podes acceder á nosa plataforma de contidos dixitais en castelán (eBiblio) a través dunha app para os teus dispositivos móbiles. Desde o teu móbil/tablet poderás navegar polo catálogo, realizar préstamos e reservas, ler online e descargar libros para ler sen conexión a internet. Poderás cambiar ao teu gusto o formato de lectura, o tipo e tamaño da fonte, ademais de axustar o brillo, o entreliñado, subliñar o texto e realizar notas.

Podes enlazar ata un máximo de 6 dispositivos diferentes, iniciando a lectura en calquera deles e continuando noutro diferente retomándoa no punto exacto no que a deixaras.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s