Unha vella fotografía e unha adiviña

 

Landschaft zur Poriño & Fuentearreas [Paisaje de Porriño y Fue

Hoxe vos traemos un interesante documento gráfico e unha adiviña.

O documento gráfico é unha antiga fotografía do noso concello, tirada entre os anos 1929 e 1936. Localizámola en Europeana, a biblioteca dixital europea. O autor foi Otto Wunderlich (Stuttgart, 1886-Madrid, 1975), un fotógrafo alemán que se dedicaba a viaxar por toda España tomando fotografías que posteriormente comercializaba en forma de albumes, tarxetas postais e carpetas de fototipias. E parece que Wunderlich pasou polo val da Louriña e fotografou o noso concello. Pero tanto ten cambiado a paisaxe do noso concello que é ben difícil identificar o lugar desde onde está tirada a foto.

Esa é a adiviña. Nós lle temos dado algunhas voltas, tratando de identificar onde está tomada, e cremos que temos cheagado a un consenso. ¿E vós? ¿Poderiades identificar onde está tomada a fotografía de Wunderlich? ¿Sabedes que lugar retratou na súa imaxe pola Louriña?

PD: A fotografía procede da Fototeca del Patrimonio Histórico, a través de Europeana, e trátase dun negativo tomado coa técnica de “vidro á xelatina”.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s