Actividades para setembro

O mes de setembro organizamos dúas actividades para o Club de Lectura da Biblioteca do Porriño, dentro do Programa Ler Conta Moito 2021 da Xunta de Galicia. Trátase de dúas actividades de dinamización da lectura que pretenden fortalecer o papel da biblioteca como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.

Con este ripo de propostas, a biblioteca do Porriño promove o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo da súa comunidade, valorando o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.

Mencionar que o Club de Lectura da biblioteca do Porriño (https://clublecturaporrino.wordpress.com/) está aberto a novas incorporacións. Aínda que despois da pandemia pasou a modalidade virtual, nun futuro próximo volverá de novo ao formato presencial nas instalacións da biblioteca con todas as garantías de seguridade e saúde.


Día: 9 de setembro
Hora: 19.00 horas
Artista: Avelino González
Actividade: Contos de contrabando

Contido: Actividade de divulgación. O medo é unha das poucas cousas que non buscas, o medo atópalo. As historias de medo so perseguen o arrepío do momento. É despois de lelas, una vez que estás na cama e que pensas que as historias que acabas de ler xa non teñen perigo, cando algo fai que as lembres: un son, unha luz, un golpe. Adoitan ser tres avisos, o tempo xusto para quitarte o sono.


Día: 16 de setembro
Hora: 19.00 horas
Compañía: Berrobambán
Actividade: Encontro con Paula Carballeira: O medo na literatura e no cinema

Contido: Actividade de divulgación. O medo é unha das poucas cousas que non buscas, o medo atópalo. As historias de medo so perseguen o arrepío do momento. É despois de lelas, una vez que estás na cama e que pensas que as historias que acabas de ler xa non teñen perigo, cando algo fai que as lembres: un son, unha luz, un golpe. Adoitan ser tres avisos, o tempo xusto para quitarte o sono.



2 thoughts on “Actividades para setembro

Deixar un comentario