Expo no Recuncho: amigurumis de Nieves Rodríguez

expoamigurumi

Temos un novo espazo expositivo no vestíbulo de entrada da biblioteca. Trátase do Recuncho, un estante onde iremos organizando pequenas exposicións arredor de diversos temas, sempre cos libros de por medio. Inauguramos O Recuncho cunha exposición de amigurumis de Nieves Rodríguez Ucha.

¿Que é o amigurumi? Pois un movemento procedente de Xapón, que consiste en tecer pequenos bonecos mediante técnicas como o crochet ou a labor de gancho. Normalmente trátase de pequenos animais, pero tamén poden tecerse outras formas como plantas, froitos, robots ou comida. O amigurumi non é soamente un pasatempo de moda, senón que ten un trasfondo ou filosofía detrás, baseada na cultura xaponesa kawaii, que podería traducirse como “mono”, “tenro”, ou “adorable”.  Os bonecos tecidos, os “amigurumis”, son algo así como a materialización do espírito infantil que todos temos dentro, e moitos cren que cada amigurumi posúe un alma que protexe e consola ao seu propietario nos momentos difíciles.

Para quen non queira ir máis alá, os amigurumis son pequenos e entrañables bonecos tecidos cunha enorme habilidade, e que moitas veces presentan un  punto de ironía e comicidade. No Recuncho expoñemos amigurumis realizados por Nieves Rodríguez Ucha, unha verdadeira mestra da la e das agullas da que podemos ver un bo conxunto de obras, principalmente amigurumis de animais, cun toque satírico e tecidos cunha técnica  impresionante.

Ademais dos amigurumis, expoñemos diversos libros sobre amigurumis, que estarán dispoñibles para a consulta e o préstamo en canto remate a exposición no Recuncho:


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s