Programa de alfabetización temperán “Ler ao teu bebé”

bannerWebLerAoTeuBebe

Segundo os datos estatísticos do 2016, O Porriño é o concello que máis crece en número de habitantes de Pontevedra (o terceiro a nivel galego). A súa poboación está entre a máis nova de toda Galicia e a natalidade porriñesa sitúase en cifras descoñecidas no resto da comunidade. A Biblioteca do Porriño quere contribuír a este dinamismo demográfico dende o seu ámbito de actuación, e para iso, a partir do 2017 pon en marcha o programa permanente de alfabetización temperán “Ler ao teu bebé”.

Este programa está pensado para que a biblioteca colabore coas familias, axudando a establecer un primeiro vínculo entre a lectura, a biblioteca e os bebés. Para iso, as nais e pais poderán facer socio da biblioteca ao seu bebé ao mesmo tempo que o empadroan nas oficinas do Concello, entendendo que a proposición expresa e a facilidade do trámite administrativo permitirá que aínda máis pais e nais opten por facer socios aos seus bebés dende o momento do seu nacemento, como paso previo a visitar as instalacións da biblioteca, levar en préstamo libros para toda a familia e participar nas diferentes actividades que se programan desde a mesma.

Facemos socios aos bebés no momento de empadroalos, na Sala Infantil creamos unha sección de contos para bebés, outra sección de libros sobre Crianza para os pais e nais, e publicamos unha guía de lectura sobre o tema; publicamos tamén unha guía didáctica para estimular á lectura aos bebés, e regalamos o libro-cd de Gatuxo

O carné do bebé chegaralles a casa por correo, xunto cun paquete de benvida totalmente gratuíto. Creamos na Sala Infantil unha sección de libros para bebés e unha sección de libros sobre Crianza, e no paquete incluimos unha guía de lectura sobre Crianza, cun conxunto de libros prácticos sobre educación, lactancia e crianza ata o primeiro ano de idade que os pais e nais teñen á súa disposición na biblioteca do Porriño para consulta ou préstamo a domicilio. Tamén se inclúe unha guía didáctica para estimular á lectura aos bebés dende o seu nacemento, con diversas ideas, consellos e informacións que subraian a importangatuxocia de ler aos bebés durante o seu primeiro ano de vida, destacando que a través da lectura se pode establecer con eles un vínculo afectivo único. E por último, o Concello tamén quere participar na formación da primeira biblioteca do bebé regalándolle un libro. Trátase do Libro-DVD de Gatuxo, unha obra en galego con cancións de berce e fermosas ilustracións coas que se pode introducir ao bebé no máxico mundo dos libros, acostumándose á súa presenza, aprendendo a pasar as páxinas, etc. E ao mesmo tempo, preténdese fomentar o uso do galego nas cancións de berce, cun conxunto de nanas en formato audio e texto que reflicten as vivencias no desenvolvemento e crecemento dos bebés no seu primeiro ano de vida.

Con esta actuación, a Biblioteca do Concello do Porriño, consciente de que a cultura, a lectura e o idioma son piares fundamentais da nosa sociedade, animan a que todos os novos pais e nais do Porriño inculquen a lectura aos seus fillos e fillas e usen dende o principio os servizos que ofrece a súa biblioteca municipal.


One thought on “Programa de alfabetización temperán “Ler ao teu bebé”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s